A Xunta cede material de emerxencias ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de nove concellos lucenses

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Entrega dous remolques, dúas tendas de campaña e equipamento eléctrico, de seguridade viaria ou para actuacións no medio acuático

Lugo, 6 de xullo de 2024

A Xunta fixo entrega de diverso equipamento de emerxencias a nove Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) doutros tantos concellos da provincia de Lugo.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se trata de remolques, tendas de campaña ou elementos de seguridade viaria e para actuacións no medio acuático, que suman un investimento de 59.000 euros.

En concreto, Riotorto e Taboada recibiron senllos remolques; Ourol e Pol, tendas de campaña; Burela, Ribadeo e Viveiro, equipos para intervir no medio acuático; Cervantes, material loxístico de seguridade viaria, e Chantada un kit de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias.

Os remolques contan con electro bomba somerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil, motoserra, rozadoira, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización. Pola súa banda, as tendas de campaña teñen teitos de 4x4 metros, estruturas reforzadas de aluminio e kit de iluminación de baixo consumo, entre outras características. En canto ás ferramentas eléctricas, o kit consta de amoladora, serra sable, motoserra con mochila para transporte, taladro percutor, miniarrancador, baterías e cargadores.

O material loxístico para a seguridade viaria inclúe unha mampara de protección visual pregable, soportes telescópicos antivento, pack de sinalización, tetrápodos con reflectantes, balizas sincronizables e lanternas. Por último, o kit para actuacións no medio acuático consiste nunha cadeira anfibia para adultos, unha táboa de rescate ríxida, un tubo de rescate e unha caixa de primeiros auxilios.

O equipamento entregado pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes  enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia.

Javier Arias destacou o importante papel que realizan as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e o apoio da Xunta ao seu labor, que se manifesta tanto na achega de   dotacións como de recursos para gastos de funcionamento ou na oferta de actividades de formación para os seus membros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
308063 {"title":"A Xunta cede material de emerxencias ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de nove concellos lucenses","published_date":"2024-07-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278552\/06072024ProteccionCivilCoruna.jpg","id":"308063"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-06/308063-xunta-cede-material-emerxencias-as-agrupacions-voluntarios-proteccion-civil-nove-concellos-lucenses https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.