As obras de renovación do pavimento e da iluminación da Ponte Esperela, en Leiro, obrigan a cortar o tráfico na estrada OU-209 a partir deste luns

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Para executar esta intervención será necesario o corte da circulación no tramo da OU-209 entre os puntos quilométricos 3+820 e 3+990
  • Para facilitar a mobilidade nesta zona, habilitarase un itinerario alternativo para os vehículos que necesiten cruzar o río Avia
  • As actuacións, cun orzamento de 370.000 euros, inclúen a mellora do firme nesta contorna, así como a dotación dunha nova iluminación

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2024

As obras de renovación do pavimento e da instalación dunha nova iluminación na Ponte Esperela, en Leiro, obrigan a cortar o tráfico na estrada OU-209 a partir deste luns.

A execución desta intervención precisa a ocupación total da anchura do treito obxecto das obras. Neste sentido, considérase necesario o corte da circulación pola OU-209 no tramo entre os puntos quilométricos 3+820 e 3+990.

Este corte terá lugar durante a execución dos traballos, ao longo dos vindeiros 3 meses aproximadamente.

Para facilitar a mobilidade nesta zona, habilitarase un itinerario alternativo para os vehículos que necesiten cruzar o río Avia. Así, en lugar de empregar a Ponte Esperela situada á altura do punto 3+900 da OU-209, os condutores deberán utilizar a ponte á altura do punto 0+140.

Os vehículos que circulen pola estrada OU-504 deberán xirar á esquerda se circulan cara a Cea ou á dereita se van cara a Ribadavia, na intersección coa estrada OU-209 situada á altura do punto 6+700, tomando a OU-209 para cruzar o río Avia.

Os coches que circulen pola estrada OU-209 cara á Ponte Esperela con obxecto de cruzar o río Avia deberán efectuar un cambio de sentido para dirixirse cara a intersección coa estrada OU-504, cruzando a ponte situada á altura do punto 0+140 aproximadamente da mesma estrada OU-209.

Actuacións

As actuacións, cun orzamento de 370.000 euros, inclúen o fresado do aglomerado da calzada e posterior escavación das gabias lonxitudinais e transversais para afastar as canalizacións do subministro eléctrico e das arquetas. As gabias reporanse con formigón armado que sirva de base para o aglomerado en quente final que se acometerá na estrada.

Tamén se dotará esta contorna de alumeado público. Neste caso, a empresa deberá, primeiramente, proceder á execución da acometida e colocación dun cadro de mando nun poste de formigón da rede existente e despois levará a cabo a execución das gabias para as canalizacións. Os tubos irán protexidos con formigón onde haxa tráfico rodado e executarase a subministración aos báculos cos proxectores para a iluminación da estrada na marxe dereita do río e dos alzados e os bañadores de parede do muro de acompañamento.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
308009 {"title":"As obras de renovación do pavimento e da iluminación da Ponte Esperela, en Leiro, obrigan a cortar o tráfico na estrada OU-209 a partir deste luns","published_date":"2024-07-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/102178-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"308009"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-06/308009-as-obras-renovacion-do-pavimento-e-da-iluminacion-da-ponte-esperela-leiro-obrigan-cortar-trafico-na-estrada-ou-209-partir-deste-luns https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.