A Xunta reclama ao Ministerio de Agricultura a mellora do sistema de seguros agrarios para incrementar as subvencións nas pólizas galegas

Imagen del artículo A Xunta reclama ao Ministerio de Agricultura a mellora do sistema de seguros agrarios para incrementar as subvencións nas pólizas galegas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Así o trasladou hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, na Comisión 7ª do Parlamento
  • O director xeral sinalou que no 2023 subvencionouse case un 40% o conxunto das pólizas españolas, unha porcentaxe que en Galicia baixou ata o 29,88%
  • Ademais, destacou que a Consellería do Medio Rural segue a traballar para favorecer a contratación destes seguros cun investimento de máis de 50 millóns de euros nos últimos sete anos, cun orzamento que se duplicou do 2017 a este 2024
  • Na Comisión tamén participaron o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024

A Consellería do Medio Rural insistirá na reclamación ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para que mellore o sistema de seguros agrarios en España, de xeito que a porcentaxe subvencionada nas pólizas galegas se incremente e, ao mesmo tempo, facer máis atractivo o aseguramento no sector. Así o trasladou hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, en resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento.

Durante a súa intervención, Balseiros sinalou que no 2023 subvencionouse case un 40% o conxunto das pólizas españolas, unha porcentaxe que en Galicia baixou ata o 29,88%. Isto, explicou, débese a que as pólizas gandeiras máis demandadas na nosa comunidade contan cunha porcentaxe de subvención inferior, fronte a outras comunidades que contan cun maior equilibrio entre os seguros agrícolas e gandeiros.

José Balseiros sinalou que a Entidade Nacional de Seguros Agrarios (Enesa) está a incrementar os prezos das pólizas, especialmente no ano pasado, o que repercute directamente nos agricultores e gandeiros. 

Desde a Consellería do Medio Rural, afirmou, estase a traballar para procurar un maior aseguramento no sector agrícola, tendo en conta especialmente as consecuencias do cambio climático e a maior incidencia dos efectos climatolóxicos adversos sobre os cultivos. Por iso, destacou, a Xunta conta con axudas para incentivar a contratación destes seguros cun investimento de máis de 50 millóns de euros desde o 2017, duplicando neste 2024 a axuda dese ano, o que permitiu o aumento sostido da superficie, dos animais e do capital asegurado.

Prezo do leite

Pola súa banda, o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, tamén deu resposta a outra pregunta da Comisión 7ª sobre o sector lácteo, no que Galicia é un referente nacional. Nela trasladou a reclamación que se fixo á Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) para manter os prezo do leite nos niveis actuais, co fin de favorecer a estabilidade e sustentabilidade do sector, e que se reduza o diferencial dos prezos con respecto a outras comunidades, tendo en conta a excelente calidade e as condicións hixiénico-sanitario do leite galego. Ademais, sinalou a esixencia ao Ministerio de Agricultura para que controle que se respecte e se cumpra coa Lei da cadea alimentaria en todas as comunidades autónomas por igual. 

Ao mesmo tempo, destacou que a Consellería está a traballar para que os gandeiros galegos perciban un prezo axeitado polo seu leite, que lles permita cubrir os seus custos e acadar unha marxe de beneficio. Nesta liña destacou dúas ferramentas que están a disposición do sector e da Administración que son a Lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria e o chamado Paquete Lácteo, polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores.

Estas dúas ferramentas, explicou Juan José Cerviño, favorecen a trazabilidade e transferencia nas transaccións comerciais no sector lácteo, a través da formalización obrigatoria de contratos e facultaron ás administracións públicas para exercer a vixilancia e control destas transaccións.

Por último, quixo resaltar que Medio Rural seguirá fomentando a constitución de organización de produtores lácteos, nas que poden agruparse para negociar os prezos. Sobre isto, apuntou que é un fito e unha vantaxe coa que non contan outros eidos produtivos e por iso se debe explotar. 

Protocolos nos distritos forestais

En resposta a outra pregunta desta Comisión 7ª, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, explicou que o "Protocolo de actuación nas brigadas do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en ausencia do/a bombeiro/a Xefe/a de brigada" distribuíuse a través dunha circular aos centros de coordinación provinciais e distritos forestais no pasado verán.

Recalcou que aos distritos forestais remitíuselle no seu momento un  diagrama de fluxos para a toma de decisións en caso de ausencia do xefe de brigada, que está recollido de forma explícita, polo que dispoñen dunha guía para unha axeitada organización neste senso salvagardando a prestación do servizo público e garantindo a seguridade e saúde do persoal.

O director xeral de Defensa do Monte tamén resaltou o compromiso da consellería do Medio Rural coa prevención de incendios forestal, así como coa formación continua e o adestramento do persoal da Xunta que integra o SPIF para seguir mellorando a súa capacidade de actuación adaptadas aos cambios.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
306705 {"title":"A Xunta reclama ao Ministerio de Agricultura a mellora do sistema de seguros agrarios para incrementar as subvencións nas pólizas galegas","published_date":"2024-07-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"306705"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-05/306705-xunta-reclama-ao-ministerio-agricultura-mellora-do-sistema-seguros-agrarios-incrementar-as-subvencions-nas-polizas-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.