A Xunta ten en marcha investimentos que suman 105 M€ para urbanizar e construír as primeiras 359 vivendas de promoción pública na ampliación de Navia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A cifra inclúe o investimento nas urbanizacións dos polígonos 1 e 2, o relativo á construción de 359 vivendas de promoción pública no polígono 1 e as obras de reparación das rúas que quedan por entregar ao Concello de Vigo da primeira fase
  • María Martínez Allegue subliña que a ampliación de Navia "é o emblema das políticas de vivenda da Xunta" 
  • A conselleira destaca que no Polígono 1 xa están licitadas máis da metade das 359 VPP previstas, despois de que este venres saia a contratación a construción de 38 destas vivendas 
  • Nos vindeiros días está prevista a licitación de 58 novas vivendas no Polígono 1, por 13M€, e dos traballos de urbanización do Polígono 2, onde se prevén 719 vivendas, por importe de 16,3M€
  • A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas estimou en máis de 300M€ o investimento total que levará San Paio de Navia, incluíndo a construción das 1.600 vivendas previstas nos 3 polígonos, as urbanizacións e a adquisición de solo, cifra á que haberá que sumar o investimento nas parcelas comerciais e de equipamento

Vigo, 5 de xullo de 2024.- A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, realizou neste venres xunto ao secretario xeral de Vivenda, Heriberto García Porto e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, unha visita a San Paio de Navia para dar conta das actuacións que se están a executar e adiantar os próximos pasos que a Xunta vai acometer neste barrio. Segundo subliñou, están en marcha neste intre investimentos que suman 105M€ para urbanizar e construír as primeiras 359 vivendas de promoción pública que levará a ampliación de Navia.

 

A construción desas 359 vivendas de promoción pública que están planificadas no Polígono 1 suporá un investimento dun total de 72M€. Delas, máis da metade, en concreto 201, están en proceso de contratación ou de adxudicación, incluíndo as 48 cuxa licitación está previsto que saia este mesmo venres, e nos vindeiros días o Consello da Xunta dará luz verde á contratación de 58 vivendas. As restantes 100 están xa programadas e en breve iniciaranse os trámites para a licitación da redacción dos proxectos.

 

Ademais, están en marcha as urbanizacións dos polígonos 1 e 2. No caso da primeira destas actuacións, cun orzamento de 13,1M€, as obras foron hoxe visitadas pola conselleira e o seu remate está previsto para a primavera do 2025, mentres que a urbanización do Polígono 2 sairá a licitación nos vindeiros días por 16,3M€. 

Por outra banda, Martínez Allegue indicou que neste mes de xullo autorizarase tamén a contratación das obras de reparación das rúas sen entregar ao Concello correspondentes á primeira fase de Navia, por 4,3M€.

Todos estes investimentos fan de Navia, segundo apuntou,  "un emblema das políticas de vivenda da Xunta e do cumprimento do compromiso do Goberno galego para mellorar as condicións de acceso á cidadanía a este ben". A conselleira estimou en máis de 300M€ o investimento total que levará San Paio de Navia, incluíndo a construción das 1.600 vivendas previstas, as urbanizacións e a adquisición de solo, cifra á que haberá que sumar o investimento nas parcelas comerciais e de equipamento. Neste senso, recordou que nunha desas parcelas de equipamento está prevista a construción dun instituto por parte da Xunta.

Lembrou así mesmo que na Estratexia de Vivenda á que acaba de dar luz verde a Xunta prevense outras 7.360 vivendas a maiores das de Navia na área urbana de Vigo. "Para desenvolver esta estratexia é fundamental a colaboración dos concellos e o traballo conxunto", subliñou, tras destacar a cooperación do Concello de Vigo, "imprescindible para axilizar a construción de vivenda pública". 

Neste senso apuntou que a Xunta xa está a ultimar a creación do grupo de traballo acordado na recente reunión entre o presidente Alfonso Rueda e o alcalde Abel Caballero, para avaliar e coordinar as políticas de vivenda no municipio.

Tres polígonos

A ampliación de San Paio de Navia distribúese nos tres polígonos de actuación e sumará un total de 1.600 vivendas protexidas. No polígono 1, cuxa urbanización está en execución, están previstas 359 vivendas de promoción pública e as restantes 374 serán de protección autonómica.

Por outra banda, no Polígono 2, cuxas obras de urbanización xa foron autorizadas polo Consello da Xunta e se licitarán nos vindeiros días por 16,3M€, prevense 719 vivendas, das que boa parte serán de promoción pública. O inicio das obras está previsto para o primeiro trimestre de 2025. E no Polígono 3, construiranse 147 vivendas. O proxecto xa foi presentado ao Concello de Vigo e está en tramitación para a súa aprobación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
306668 {"title":"A Xunta ten en marcha investimentos que suman 105 M€ para urbanizar e construír as primeiras 359 vivendas de promoción pública na ampliación de Navia","published_date":"2024-07-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101544-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"306668"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-05/306668-xunta-ten-marcha-investimentos-suman-105-m-urbanizar-e-construir-as-primeiras-359-vivendas-promocion-publica-na-ampliacion-navia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.