A Xunta sacará a nova licitación a concesión do transporte regular que cobre a Comarca do Barbanza

Imagen del artículo A Xunta sacará a nova licitación a concesión do transporte regular que cobre a Comarca do Barbanza

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Anuncioullo o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aos alcaldes de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo nunha xuntanza celebrada hoxe
  • A medida busca garantir a prestación do servizo segundo as necesidades e demandas das persoas usuarias

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2024

A Xunta sacará a nova licitación a concesión do transporte regular que cobre o Barbanza tras a resolución do contrato de explotación da Comarca do Barbanza. Así llo confirmou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aos alcaldes de Boiro, José Ramón Romero, da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal e de Rianxo, Julián Bustelo, nunha xuntanza na que tamén participou a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela.

A medida busca garantir a prestación do servizo segundo as demandas e necesidades das persoas usuarias, detectadas a través do labor de seguimento que está a realizar a Xunta. Con ela dáselle ademais cumprimento ao acordo parlamentario adoptado por unanimidade na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos o pasado novembro, no que se instaba ao Goberno galego a utilizar todas as ferramentas incluídas no prego de cláusulas administrativas para a mellora na prestación do seu servizo público na comarca do Barbanza.

Na xuntanza Diego Calvo explicoulles aos alcaldes os pasos previstos para a nova licitación, que require da resolución previa do contrato coa concesionaria. A previsión é que se faga de mutuo acordo e prevendo a continuidade da actual empresa na explotación ata a implantación do novo contrato. Deberá tamén elaborarse un novo anteproxecto de explotación, que será sometido a información pública e audiencia aos concellos para ser logo autorizado polo Consello da Xunta.

Actualización constante

A concesión que se prevé licitar enmárcase no Plan de Transporte Público de Galicia, co que a Xunta avanza na consecución dun modelo de mobilidade optimizado, moderno, intelixente e responsable coa poboación galega e co medio natural. A importancia estratéxica do transporte público fai precisa unha actualización constante que atenda as demandas reais e se adapte ás características territoriais, conxugando as necesidades rurais e urbanas de xeito que cada galego e galega, alí onde residan, dispoñan dun medio de transporte público accesible.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
304549 {"title":"A Xunta sacará a nova licitación a concesión do transporte regular que cobre a Comarca do Barbanza","published_date":"2024-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"304549"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-04/304549-xunta-sacara-nova-licitacion-concesion-do-transporte-regular-cobre-comarca-do-barbanza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.