Román Rodríguez sitúa ANFACO-CECOPESCA como exemplo de innovación e competitividade na industria mar-alimentaria

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visita o centro acompañado da directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo
  • O representante da Xunta destaca a participación do centro en grandes proxectos estratéxicos como as Unidades Mixtas de Investigación ou Fábrica Intelixente e Sustentable

Vigo, 4 de xullo de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou esta mañá en Vigo ANFACO-CECOPESCA e destacou o papel clave que desenvolven os centros tecnolóxicos no impulso á innovación e á competitividade do tecido produtivo galego e, neste caso, da industria mar-alimentaria. O conselleiro estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e polos presidente e secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA, Iván Alonso-Jáudenes e Roberto Alonso, respectivamente. Este encontro enmárcase na rolda de visitas do titular de Ciencia aos centros tecnolóxicos galegos. 

Na visita, o representante da Xunta de Galicia tivo oportunidade de coñecer o Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria (CYTMA), un espazo de investigación tecnoloxicamente punteiro, que contou co apoio do Goberno galego e fondos FEDER para a súa dotación de infraestruturas e equipamento científico-tecnolóxico. 

Neste contexto, Román Rodríguez reivindicou o rol de aliado do centro tecnolóxico na dinamización da industria do mar-alimentaria e puxo como exemplo a participación do centro en instrumentos como as Unidades Mixtas de Investigación ou o programa Fábrica Intelixente e Sustentable da Xunta de Galicia. Liñas que fan posible unha maior integración dos axentes do ecosistema do I+D+i galego para resolver os retos existentes na cadena mar-alimentaria, un principio fundamental desta entidade viguesa.

Cooperación co tecido empresarial

ANFACO-CECOPESCA impulsou cinco unidades mixtas desde 2014 en cooperación co tecido empresarial co obxectivo de desenvolver actividades de I+D+i estratéxicas para Galicia, impulsar a transferencia de I+D ao tecido produtivo e atraer empresas cara Galicia. Actualmente, está a desenvolver unha Unidade Mixta de Investigación coas empresas Lagumar Seas e Angulas Aguinaga (ambas do grupo vasco Angulas Aguinaga) que está a investigar a mellora na produción de moluscos incorporando tecnoloxías avanzadas e dixitalización. 

Así mesmo, o centro tecnolóxico participou en tres proxectos do programa Fábrica Intelixente e Sustentable que persegue a modernización da industria galega en sectores estratéxicos. Na actualidade, ANFACO-CECOPESCA traballa nun proxecto que introduce as novas tecnoloxías para a xestión intelixente e sustentable do procesado no sector pesqueiro, liderado pola empresa Hermasa Canning Technology SA.

Por último, o conselleiro apuntou a participación do centro na Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia, que agrupa a sete centros tecnolóxicos galegos, e no Hub de Innovación Dixital DATAlife, que está a impulsar a transformación dixital das pemes de sectores como agro-mar-alimentación, forestal-madeira, biotecnoloxía e coidados-saúde.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
304500 {"title":"Román Rodríguez sitúa ANFACO-CECOPESCA como exemplo de innovación e competitividade na industria mar-alimentaria","published_date":"2024-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100915-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"304500"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-04/304500-roman-rodriguez-situa-anfaco-cecopesca-como-exemplo-innovacion-e-competitividade-na-industria-mar-alimentaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.