A Xunta comeza os traballos de escavación para a construción da Torre Polivalente do Novo Hospital Público da Coruña, que suporá un investimento de máis de 35 M€

Imagen del artículo A Xunta comeza os traballos de escavación para a construción da Torre Polivalente do Novo Hospital Público da Coruña, que suporá un investimento de máis de 35 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Martínez Allegue salientou que, tras o retranqueo dos servizos, avanzan as escavacións para executar a Torre Polivalente, a primeira edificación icónica do Novo CHUAC 
  • Trátase do punto desde o que se administrará todo o complexo, nexo entre os novos edificios e o hospital actual, a través dunha pasarela elevada que o unirá co bloque oeste 
  • Subliñou que nas vindeiras semanas se porá en servizo o aparcadoiro provisional, que substituirá as prazas para traballadores afectadas pola execución da Torre Polivalente e da demolición do Hotel de Doentes, que se prevé en outono 
  • Este aparcamento, cun investimento de máis de 386.000€, contará con 223 prazas, 6 delas adaptadas para persoas de mobilidade reducida, dispostas en batería
  • Gómez Caamaño destacou que o Novo CHUAC, con 500 millóns de euros, é a maior obra que impulsa a Xunta en moitos anos, e o feito de que sexa unha infraestrutura sanitaria amosa a importancia que o Goberno galego lle concede á sanidade

A Coruña, 4 de xullo de 2024

A Xunta comeza os traballos de escavación para a construción da Torre Polivalente do novo Hospital Público da Coruña, que suporá un investimento de máis de 35M€.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez, supervisaron hoxe as actuacións en execución no marco do proxecto do Novo CHUAC impulsado polo Goberno galego.

Tras uns meses de traballo no retranqueo dos servizos, están a progresar as escavacións para execución da Torre Polivalente, a primeira edificación icónica do Novo CHUAC.

Esta Torre Polivalente será o punto desde o que se administrará todo o complexo, así como  o nexo entre as novas edificacións e o hospital actual, a través dunha pasarela elevada que o unirá co bloque oeste existente.

De xeito máis concreto, os niveis 0 a 2 serán para instalacións; o 3 para informática; 4 a 6 para accesos; 7 a 12 centralizarán as instalacións de xestión e laboratorio; os niveis 13 e 14 para Hotel de Doentes, con 14 habitacións; e o 15 ás instalacións de clima.

Os conselleiros tamén visitaron o aparcadoiro provisional do Novo CHUAC, que se porá en servizo nas vindeiras semanas e supuxo un investimento de máis de 386.000€.

Trátase do aparcadoiro provisional que vén substituír as prazas para traballadores do hospital afectadas pola execución en marcha da Torre Polivalente e da demolición do Hotel de Doentes, cuxo inicio se prevé en outono.

Sinalou que este aparcamento contará con 223 prazas, 6 delas adaptadas para persoas de mobilidade reducida, dispostas en batería. Así, precisou que xa se están ultimando os traballos deste aparcamento, restando só pavimentar o acceso, colocar as barreiras de accesos e as conexións eléctricas e de alumeado.

Cómpre lembrar que estas actuacións forman parte do contrato conxunto asociado á execución  dos accesos do Novo CHUAC, que suporán un investimento de máis de 24 M€.

Neste sentido, a conselleira concretou que se decidiu adiantar a construción deste aparcadoiro provisional para que poida dar servizo antes do inicio da execución do resto de obras.

Subliñou que de xeito paralelo, a Xunta segue  avanzando na redacción do proxecto de accesos desde a AC-12 e á AC-10, e do anel viario, co obxectivo de poder estar entregado a finais do verán para supervisalo e comezar as obras, que xa están contratadas.

Martínez Allegue puxo en valor a aposta da Xunta pola sanidade pública coa execución de proxectos como o Novo CHUAC, que suporá un investimento de máis de 500M€ e permitirá prestar atención sanitaria a máis de 550.000 pacientes das áreas da Coruña e Cee.

Pola súa banda, o titular de Sanidade destacou que o Novo Hospital Público da Coruña, representa a maior infraestrutura que está a executar a Xunta, "a maior que se impulsa en moitos anos". Así, incidiu en que, o feito de que a maior obra autonómica en execución sexa precisamente unha infraestrutura sanitaria, mostra a importancia que o Goberno galego lle concede á sanidade pública e ao traballo que se fai neste ámbito na Coruña.

Gómez Caamaño explicou que as obras do Novo CHUAC, ademais de mellorar a calidade asistencial que se lle presta á cidadanía desta área sanitaria, tamén xerarán novas posibilidades no ámbito da innovación e incrementarán a capacidade deste centro para desenvolver novos proxectos e servizos sanitarios.

O novo hospital suporá aumentar nun 15% o número de camas dispoñibles, así como incrementar nun 50% as consultas e postos de observación en Urxencias.

"Este complexo non só será un referente en termos de capacidade e modernidade, senón tamén un exemplo de eficiencia e calidade no servizo sanitario", salientou Gómez Caamaño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
304489 {"title":"A Xunta comeza os traballos de escavación para a construción da Torre Polivalente do Novo Hospital Público da Coruña, que suporá un investimento de máis de 35 M€","published_date":"2024-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"304489"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-04/304489-xunta-comeza-os-traballos-escavacion-construcion-da-torre-polivalente-do-novo-hospital-publico-da-coruna-supora-investimento-mais-35-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.