A Xunta finaliza as obra de mellora da estrada autonómica PO-340 ao seu paso por Gondomar

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves os traballos e pediu ao alcalde de Gondomar "lealdade institucional" cunha actuación "moi necesaria"

Gondomar (Pontevedra), 4 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves as obras que levou a cabo a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Gondomar para a mellora da estrada autonómica PO-340. Durante a visita, a representante autonómica avanzou que os traballos xa remataron e que proximamente comezarán tamén os xa previstos para a PO-331 e PO-332.

"Estamos ante unha actuación moi necesaria para o municipio que levouse a cabo en tempo e forma, polo que sería bo que o alcalde de Gondomar gardase a debida lealdade institucional cun investimento do Goberno galego no seu concello", asegurou a representante autonómica.

A Xunta adxudicou o pasado mes de xuño, por importe de 1.182.948 euros, as obras de mellora do firme nas estradas autonómicas PO-340, PO-331 e PO-332 ao seu paso polos concellos de Nigrán e de Gondomar. As intervencións incluídas neste contrato levaranse a cabo no treito da PO-340, na estrada entre Tui e A Ramallosa; na PO-331, que une Torneiros e Gondomar, e no treito inicial da estrada PO-332, Nigrán-Vincios.

As tres actuacións, que contan cun prazo de execución total de nove meses, teñen como obxecto a rehabilitación localizada do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, coa finalidade de mellorar as condicións de circulación en varios treitos destas tres estradas.

Travesía de Baiona

Ademais, o pasado mes de xuño levouse a cabo tamén a reparación do firme da estrada PO-552 na travesía de baiona, e en concreto entre a glorieta de entrada ao porto e lonxa de Baiona e o acceso ao Parador de Monterreal. Deste modo, mellorouse o pavimento e a drenaxe, ademais de reducir o ruído. Os traballos tamén incluiron as beiravías e os aparcamentos, así como a reposición da sinalización horizontal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
304487 {"title":"A Xunta finaliza as obra de mellora da estrada autonómica PO-340 ao seu paso por Gondomar","published_date":"2024-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101895-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"304487"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-04/304487-xunta-finaliza-as-obra-mellora-da-estrada-autonomica-po-340-ao-seu-paso-gondomar https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.