Aprobadas as 20 primeiras axudas para os deportistas, técnicos e árbitros galegos e galegas que participarán nos Xogos de París

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os primeiros beneficiados son os deportistas Teri Portela, Carlos Arévalo, Támara Echegoyen, Vicky Vilariño, Martín de la Puente, Jacobo Garrido, Fran Garrigós, Caetano Horta, Enmanuel Reyes, Niko Shera, Ester Navarrete, Rodrigo Conde, María de Valdés, Adrián Mosquera e Sara Ouzande; os técnicos Daniel Brage e Marcos Fernández; e os xuíces Loreto Pérez, Manuel Franco e María Dolores Rojas

Santiago, 4 de xullo de 2024

A Fundación Deporte Galego vén de aprobar as primeiras 20 axudas para os deportistas, técnicos e árbitros galegos e galegas que participarán nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024. Estas achegas enmárcanse dentro das 'Axudas DGAN 2024' que contan cun orzamento de 600.000 euros e, de novo, cun modelo de dúas convocatorias para axudar á preparación e participación dos deportistas nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024, así como ao resto de deportistas DGAN que tiveran o recoñecemento en vigor nalgún momento dos anos 2023 e 2024. As 'Axudas DGAN' acadaron o seu máximo histórico con preto de 700.000 euros (680.940 euros) en 2023, ano no que xa se puxo en marcha a dobre convocatoria para axudare aos deportistas na súa preparación para os Xogos.

Nesta primeira resolución foron concedidas 20 axudas para quince deportistas, dous técnicos/adestradores e tres xuíces/árbitros por un importe total de 144.000 euros. Isto supón un aumento con respecto á primeira resolución de axudas para os Xogos de Toquío, un 25% máis en número de axudas (16) e un 4% máis en investimento (109.000 euros).

Máis polo miúdo, Teri Portela (piragüismo), Carlos Arévalo (piragüismo) e Támara Echegoyen (vela) recibirán a Axuda Galicia-París 1 cun importe de 12.000 euros para os deportistas que participaran en catro ou máis edicións dos Xogos ou que acadaran medalla. Vicky Vilariño (baloncesto cadeira rodas), Martín de la Puente (tenis cadeira rodas), Jacobo Garrido (natación paralímpica), Fran Garrigós (judo), Caetano Horta (remo), Enmanuel Reyes (boxeo) e Niko Sherazadishvili (judo) conseguen a Axuda Galicia-París 2 cun importe de 9.000 euros para os deportistas que participaran en tres ou menos edicións sen acadar medalla. Ester Navarrete (atletismo), Rodrigo Conde (remo), María de Valdés (natación), Adrián Mosquera (piragüismo paralímpico) e Sara Ouzande  (piragüismo) benefícianse da Axuda Galicia-París 3 cun importe de 6.000 euros para aqueles deportistas que non teñan participado en ningunha edición dos Xogos. Daniel Brage (piragüismo) e Marcos Fernández (vela) reciben a Axuda TA principal París cun importe de 3.000 euros para os técnicos e adestradores principais nos Xogos. Por último, Loreto Pérez (atletismo), Manuel Franco (tenis) e María Dolores Rojas  (atletismo) acadan a Axuda XA París de tamén 3.000 euros para os xuíces e árbitros nalgunha proba dos Xogos.

Cómpre salientar que a pesar de non ter beneficiarios nesta primeira resolución, a Fundación Deporte Galego tamén concede as Axudas Galicia-París Apoio/Guía, que un ano máis é da mesma contía para os deportistas de apoio que a que reciben os deportistas con discapacidade aos que guían; así como as Axudas TA auxiliar París cun importe de 1.500 euros para persoas con funcións técnicas ou adestradoras auxiliares nos Xogos.

As 'Axudas DGAN 2024' para deportistas, técnicos e xuíces olímpicos e paralímpicos pódense solicitar ata o 30 de setembro.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
304486 {"title":"Aprobadas as 20 primeiras axudas para os deportistas, técnicos e árbitros galegos e galegas que participarán nos Xogos de París","published_date":"2024-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101305-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"304486"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-04/304486-aprobadas-as-20-primeiras-axudas-os-deportistas-tecnicos-e-arbitros-galegos-e-galegas-participaran-nos-xogos-paris https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.