Máis de cen axentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal definen a nova Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza ata 2027

Imagen del artículo Máis de cen axentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal definen a nova Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza ata 2027

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Representantes do ecosistema de I+D+i de Galicia e do Norte de Portugal reuníronse esta mañá en Ponte de Lima (Portugal) para identificar as áreas prioritarias

Ponte de Lima (Portugal), 3 de xullo de 2024

Máis dun cento de axentes do ecosistema de I+D+i da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal reuníronse esta mañá na Escola Superior Agraria de Ponte de Lima (Portugal) para definir, a través dun proceso participativo, as áreas prioritarias e as actuacións máis relevantes da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza ata 2027. Esta xornada parte dos resultados extraídos no obradoiro celebrado no mes de maio en Vigo para avaliar a estratexia actual e rematará coa presentación no outono da nova Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T).

A RIS3T é unha iniciativa pioneira, por tratarse da primeira RIS3 transfonteiriza en Europa, e foi recoñecida como caso de boas prácticas pola Comisión Europea. O seu obxectivo é aliñar as políticas de apoio á I+D+i na Eurorrexión e poñer en marcha proxectos coordinados. Para elo, na RIS3T 2014-2020 implementáronse actuacións encamiñadas a potenciar as capacidades das entidades da Eurorrexión e aproveitar as sinerxías entre elas, optimizando así recursos públicos, en seis áreas: enerxía do mar e biomasa, industrias agroalimentaria e biotecnolóxica, Industria 4.0, industrias de mobilidade, industrias turísticas e creativas e vida saudable e envellecemento activo.

Incremento de fondos ata os 518M€

Entre os principais resultados acadados, destaca o incremento nos fondos mobilizados en programas europeos de innovación respecto do obxectivo marcado: 517,8M€ acadados en Horizonte 2020 -programa marco de financiamento da I+D+i a nivel europeo- fronte aos 360M€ previstos. Así mesmo, cómpre subliñar o investimento mobilizado en programas de cooperación -como Interreg Poctep e Espazo Atlántico- polos axentes da Eurorrexión: 153M€.

Esta actividade enmárcase no proceso participativo con representantes do ecosistema de I+D+i -universidades, centros de coñecemento e tecnolóxicos, empresas e Administracións públicas-, que busca adecuar a RIS3T á evolución dos retos da Eurorrexión. Está organizada pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia en colaboración coa Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-NORTE) ao abeiro do proxecto GOBERNANZA_GNP_1_E, liderado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) e financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302375 {"title":"Máis de cen axentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal definen a nova Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza ata 2027","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302375"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302375-mais-cen-axentes-da-eurorrexion-galicia-norte-portugal-definen-nova-estratexia-especializacion-intelixente-transfronteiriza-ata-2027 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.