A Xunta licita por preto de 2,9 M€ as obras do novo centro de saúde da Rúa

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Martínez Allegue subliña a concepción construtiva e das instalacións do novo centro de Atención Primaria, que contará cunha superficie que superará os 1.300 m2 e dúas plantas, e que "situará ao municipio á vangarda da atención sanitaria"
  • Pon o acento nos elementos que definirán este novo centro de saúde, como a luz, os acabados axardinados, as soleiras elevadas, que ademais contará con paneis fotovoltaicos e un sistema axeitado de tratamento do aire no interior do edificio
  • O conselleiro de Sanidade remarca a creación de unha consulta de enfermería pediátrica, a sala de educación sanitaria e o programa da muller nun novo centro que duplicará a superficie do actual
  • As empresas interesadas teñen ata o 29 de xullo para presentar as súas ofertas para executar as obras, que contan cun prazo de execución de 18 meses

A Rúa (Ourense), 3 de xullo de 2024

A Xunta licitou hoxe por preto de 2,9 millóns de euros as obras do novo centro de saúde da Rúa.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentaron hoxe a proxecto de construción do novo centro de saúde do municipio. Neste acto tamén participaron a alcaldesa da Rúa, María Albert, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Martínez Allegue deu conta do primeiro paso para a materialización dunha actuación "que situará ao municipio á vangarda da atención sanitaria", coa licitación hoxe do que será este novo centro de Atención Primaria que contará cunha superficie que superará os 1.300 m2, e acollerá as consultas, salas e espazos requiridos pola Consellería de Sanidade para cumprir co plan funcional elaborado para dar o mellor servizo sanitario aos rueses.

Pola súa banda, Gómez Caamaño, fixo fincapé na repercusión para a veciñanza xa que "este centro duplicará a superficie do actual, mellorará en accesibilidade e, o que é máis importante, incorporará servizos como a consulta de enfermería pediátrica, a sala de educación sanitaria e o programa da muller".

Incidiu en que o novo centro estará deseñado para cubrir todas as necesidades da poboación, con áreas específicas para adultos, pediatría e a atención á muller. O novo equipamento inclúe 3 consultas de medicina xeral, unha sala polivalente, 3 consultas de enfermería, unha sala de técnicas, consulta pediátrica, unha sala de lactancia e consulta de enfermería pediátrica, ademais de espazos dedicados á saúde da muller e á educación para a saúde. 

As empresas interesadas en executar a obra contan cun prazo de presentación de ofertas que remata o 29 de xullo, e teñen un prazo aproximado de finalización de 18 meses.

Martínez Allegue avanzou a previsión da Xunta de poder iniciar as obras neste outono, esperando velo rematado o antes posible para que os veciños e veciñas, e por suposto, todos os profesionais do Sergas, poidan facer uso del.

Tal e como indicou a conselleira, a execución desta infraestrutura sanitaria xurde da colaboración coa Consellería de Sanidade e o Concello da Rúa, sendo para o departamento que dirixe "un orgullo poñer a nosa experiencia en xestión de obras públicas, co obxectivo de garantir a mellor atención sanitaria posible aos cidadáns". 

Martínez Allegue destacou na concepción construtiva e de instalacións do edificio, de dúas plantas, a luz natural como elemento clave, "aportando ademais de aforro enerxético, un ambiente que invita á calma", remarcou. 

Puxo o acento nos elementos que definirán este novo centro de saúde, como a luz, os acabados axardinados, as soleiras elevadas, que ademais contará con paneis fotovoltaicos e un sistema de compartimentación que permitirá o axeitado tratamento do aire no interior do edificio. "Non podemos esquecer que as altas temperaturas nesta zona no verán", lembrou a conselleira.

Tamén destacou o acceso ao recinto, que se fará desde unha zona exterior cuberta cun cortaventos xeneroso e a través dun amplo vestíbulo inmediato á zona de recepción. 

 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302373 {"title":"A Xunta licita por preto de 2,9 M€ as obras do novo centro de saúde da Rúa","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278543\/_DSC4879.JPG","id":"302373"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302373-xunta-licita-preto-2-9-m-as-obras-do-novo-centro-saude-da-rua https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.