O Servizo Galego de Saúde destaca a participación activa do persoal farmacéutico no proceso asistencial de atención centrado no doente

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Galicia xestiona máis de 1,2 millóns de tratamentos mediante o software de farmacia hospitalaria

Santiago de Compostela, 03 de xullo de 2024

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva Tojo, participou hoxe, en Segovia, no III Foro de Xestión e Servizos de Farmacia Hospitalaria da Sociedade Española de Directivos da Saúde (SEDISA), no que subliñou a importancia dos profesionais farmacéuticos nun proceso asistencial que sitúa o paciente no centro.

Neste sentido, en Galicia o número de tratamentos xestionados a través do software de farmacia hospitalaria do Sergas (Silicom) supera os 1.250.000. Neste sistema, segundo as palabras do director, "o farmacéutico convértese no garante da calidade e trazabilidade dos procesos", sendo estes últimos un factor determinante para o correcto tratamento dos doentes.

Do mesmo xeito, a atención virtual facilita a monitorización dos síntomas e variables clínicas de máis de 8.000 doentes crónicos incluídos na plataforma de teleasistencia domiciliaria (TELEA). As aplicacións móbiles e a intelixencia artificial constitúen unha nova vía de comunicación co doente na sanidade pública galega mediante asistentes virtuais, monitorización da medicación, o envío de alertas, avisos, etc.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302372 {"title":"O Servizo Galego de Saúde destaca a participación activa do persoal farmacéutico no proceso asistencial de atención centrado no doente","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1146549\/iStock-persoal+hospital.jpg","id":"302372"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302372-servizo-galego-saude-destaca-participacion-activa-do-persoal-farmaceutico-proceso-asistencial-atencion-centrado-doente https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.