A conselleira María Martínez Allegue visita a actuación realizada no barrio da Estación no concello da Rúa, desenvolvida ao abeiro do plan Hurbe

Imagen del artículo A conselleira María Martínez Allegue visita a actuación realizada no barrio da Estación no concello da Rúa, desenvolvida ao abeiro do plan Hurbe

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A intervención aborda a mellora das vías da Rúa Real, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e o entronque coa rúa Silveira, cun investimento de preto de medio millón de euros
  • Os traballos inclúen a renovación do pavimento e a humanización destas rúas, priorizando o tránsito peonil, ademais do reemprazo das infraestruturas de saneamento e soterrado do alumeado público
  • A conselleira subliña os traballos de humanización levados a cabo neste barrio e pon en valor o Plan Hurbe como instrumento para a renovación dos espazos públicos nos concellos galegos

A Rúa (Ourense), 3 de xullo de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe xunto á alcaldesa da Rúa, María González Albert, e o delegado territorial de Ourense, Manuel Pardo, a actuación de acondicionamento do barrio da Estación deste concello, cuxa primeira fase está practicamente finalizada, e que se desenvolveu ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta.

A través desta intervención, cun investimento de 484.000 euros, acometeuse a mellora das distintas rúas deste barrio, a rúa Real, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e o entronque da rúa Silveira. Nelas renováronse o pavimento e desenvolvéronse traballos de humanización para primar o tránsito peonil, ademais da renovación das infraestruturas de saneamento e abastecemento, instalación da rede de pluviais, o soterrado do alumeado público e a instalación de gas natural.

Os traballos foron financiados a través do convenio de colaboración asinado entre as administracións autonómica e local, no que a Xunta financiou o 70% da obra e o concello asumiu o 30% restante.

A conselleira destacou a calidade con que foi realizada esta obra e a importancia do Plan Hurbe para desenvolver conxuntamente da man dos concellos actuacións de humanización e recuperación do espazo público "que nos axudan a transformar o noso territorio e mellorar a calidade de vida da veciñanza". A través do Plan Hurbe abordáronse nos últimos catro anos 86 actuacións en Galicia, que supoñen un investimento de 17,1 M€.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302371 {"title":"A conselleira María Martínez Allegue visita a actuación realizada no barrio da Estación no concello da Rúa, desenvolvida ao abeiro do plan Hurbe","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302371"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302371-conselleira-maria-martinez-allegue-visita-actuacion-realizada-barrio-da-estacion-concello-da-rua-desenvolvida-ao-abeiro-do-plan-hurbe https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.