O Diario Oficial de Galicia publica a incoación da Rapa das Bestas como Ben de Interese Cultural Inmaterial

Imagen del artículo O Diario Oficial de Galicia publica a incoación da Rapa das Bestas como Ben de Interese Cultural Inmaterial

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Xunta de Galicia inicia así os trámites deste proceso, o que supón a salvagarda desta manifestación cultural de valor etnolóxico senlleiro
  • O expediente ten en conta que se trata dunha tradición sobranceira que forma parte da memoria colectiva de Galicia
  • A celebración, considerada de Interese Turístico Nacional e Internacional, comezará o venres no concello pontevedrés da Estrada

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a incoación para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) do patrimonio inmaterial a Rapa das Bestas de Sabucedo, unha das festas máis antigas de Galicia que conta con mínimo tres séculos de historia. A Xunta de Galicia inicia así os trámites deste proceso, o que supón a salvagarda desta manifestación cultural que conta cun valor etnolóxico senlleiro.

Tal e como se recolle na incoación, o expediente elaborado polos técnicos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en conta que se trata dunha tradición que forma parte da memoria colectiva de Galicia "onde os valores de autenticidade, identidade e vontade colectiva converten a Sabucedo, unha aldea que durante o ano non supera os sesenta habitantes, no centro de atención de todos os medios do país e de fóra de Galicia".

Neste senso, a documentación destaca que se trata dunha celebración inserida no contexto histórico de cada momento que se configura como unha manifestación sobranceira da nosa Comunidade e que, polo tanto, reúne todos os condicionantes para ser declarada Ben de Interese Cultural do patrimonio cultural inmaterial de Galicia. En canto ao valor cultural destaca o "respecto pola tradición e polos rituais que foron e son transmitidos de xeración en xeración".

A documentación recolle tamén que se trata da "manifestación inmaterial máis clara que existe en Galicia da relación ancestral entre uns animais e os seres humanos" e que foi a celebración da rapa o que permitiu que esta "emblemática especie silvestre, fundamental para a conservación dos ecosistemas de media montaña en Galicia, sobrevivise ao longo dos séculos".

Prazo máximo de 24 meses

Tras a publicación no Diario Oficial de Galicia ábrese un período de información pública polo prazo dun mes para que calquera persoa poida presentar as alegacións e informacións que considere oportunas. O procedemento, que debe rematar antes de 24 meses, culminará co acordo, mediante decreto, da declaración como Ben de Interese Cultural.

Considerada Festa de Interese Turístico Nacional e Internacional, a Rapa das Bestas de Sabucedo celebrarase desde o venres e durante catro días no concello pontevedrés da Estrada. A programación inclúe a tradición da gandería extensiva e de manter os cabalos ceibos no monte e todos os elementos, traballos e actos que son necesarios para xuntar estes animais; baixalos ata aldea; e encerralos no curro para logo ceibalos de novo, concluídos e realizados todos os pasos da rapa.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302317 {"title":"O Diario Oficial de Galicia publica a incoación da Rapa das Bestas como Ben de Interese Cultural Inmaterial","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302317"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302317-diario-oficial-galicia-publica-incoacion-da-rapa-das-bestas-como-ben-interese-cultural-inmaterial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.