A Xunta incrementa nun 7,5% as prazas de formación para o profesorado, con especial fincapé nas competencias matemática, dixital e na FP

Imagen del artículo A Xunta incrementa nun 7,5% as prazas de formación para o profesorado, con especial fincapé nas competencias matemática, dixital e na FP

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro destaca o papel dos docentes como "formadores das novas xeracións e encargados de preparar aos galegos para os retos do presente e do futuro"
  • Cun orzamento total de 11,4M€, ofértanse 132.531 prazas en 6.172 actividades e un total de 130.136 horas de formación
  •  Créase un novo itinerario para afondar nas matemáticas e mellóranse os centrados no programa E-Dixgal e nos polos creativos
  • Ao itinerario para novos docentes creado no actual curso súmase outro específico para os funcionarios en prácticas  
  • No curso que vén de rematar formouse o 87% do profesorado galego e emitíronse máis de 76.500 certificacións 

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou hoxe o Plan anual de formación do profesorado 2024/25, unha iniciativa a través da que a Xunta pon a disposición dos docentes un total de 132.531 prazas para reforzar e actualizar as súas competencias profesionais, un 7,5% máis ca no actual curso. Á presentación asistiron tamén os directores xerais de FP, Eugenia Pérez, e de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez.

O titular do departamento educativo da Xunta sinalou o papel dos docentes como "formadores das novas xeracións e encargados de preparar aos galegos para os retos do presente e do futuro". "É fundamental poñer á vosa disposición as ferramentas necesarias para facelo con garantía de éxito nun marco de cambios constantes en metodoloxías educativas, dinámicas pedagóxica e transformacións sociais", destacou.

Neste sentido, o conselleiro explicou que o plan inclúe un total de 130.136 horas, cun investimento total de 11,4M€, medio millón de euros máis. Serán un total de 6.172 actividades, dando especial protagonismo á formación en centros, contextualizada e personalizada, que supón o 73% das accións, seguida dos cursos e xornadas (21%) e a formación en liña (3%). 

As restantes actividades (3%) serán un total de 180 estadías en centros de traballo, enmarcadas na liña de actuación específica para a capacitación do profesorado de FP e réxime especial.

Catro prazas por docente

"Con esta nova oferta, o curso que vén cada docente de Galicia disporá dunha media de catro prazas de formación", explicou Román Rodríguez, nun plan que fai especial fincapé nas competencias matemáticas e dixitais e en todas as relacionadas coa FP. De feito, o conselleiro destacou o incremento das prazas nas accións específicas para docentes de FP e ensinanzas de réxime especial, máis de 17.000, o que supón 5.700 (50% máis) prazas máis, en consonancia coa súa enorme relevancia no sistema educación galego.

O obxectivo deste plan é facilitar o traballo dos docentes, como piar do sistema educativo, ofrecéndolles formación gratuíta que lles permita facer fronte aos novos retos do ensino do século XXI. "Queremos avanzar nos retos presentes e futuros como a dixitalización, a innovación educativa e as novas metodoloxías e apostar por accións formativas que nos permitan reforzar valores como a inclusión, a convivencia ou o plurilingüismo", dixo o conselleiro. 

"Este novo plan contribuirá a afondar nos novos currículos e a fortalecer as competencias en aspectos tan necesarios como a atención á diversidade ou a xestión tecnolóxica, e seguir traballando por un modelo inclusivo, innovador, flexible, cooperativo e axustado ás necesidades dos alumnos", rematou.

400 actividades novas

A oferta do Plan xeral (o que non está dirixido especificamente a docentes de FP) está organizada en seis liñas formativas prioritarias: dixital, que supón o groso da formación (32%), didáctica (28%), innovación (15%), convivencia e inclusión (15%) e comunicación e plurilingüismo (10%). Estas liñas concrétanse en 23 itinerarios, catro máis ca no curso 2023/24, con tres niveles de desenvolvemento cada un: básico, medio e avanzado. Dentro deles, hai 400 actividades formativas que son completamente novas ou foron actualizadas. 

Entre as novidades cómpre salientar o deseño dun novo itinerario de fomento da competencia matemática dirixida ao ao profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria cun marcado enfoque práctico e baseado na resolución de problemas que acheguen os sentidos matemáticos á realidade do alumnado. 

Incorpórase tamén un itinerario específico para o proxecto E-Dixgal, con actividades dirixidas a toda a comunidade educativa como as de manexo da plataforma para o profesorado, coordinación e dinamización para os coordinadores de centro, liderado dixital para as direccións e xornadas de achegamento ao programa para as familias.

Así mesmo, créase un itinerario para os funcionarios en prácticas, é dicir, os que acaban de superar a oposición, que se suma ao incorporado no actual curso para a formación integral dos docentes que entraban por primeira vez no sistema, e que adoitan facelo como interinos e substitutos. A maiores, actualízanse os itinerarios formativos de equipos directivos e novos docentes a partir de detección de necesidades

Tamén se redeseña o itinerario centrado nos polos creativos para potenciar a superación de retos, a creatividade e a experimentación nos centros educativos. 

Innovación e adaptación á nova lei na FP

O Plan de capacitación para o profesorado de FP e Réxime Especial distribúese tamén en seis liñas de actuación e faise fincapé na de innovación tecnolóxica, científica e didáctica, que supón o 44%. Céntrase na adquisición de habilidades tecnolóxicas e aplicación de ferramentas e recursos deste tipo, así como nos enfoques didácticos innovadores.

A segunda liña de máis peso é a de acreditación de competencias e orientación profesional (18%), seguida da de competencias para a implantación da nova lei de FP (15%), a formación en alta especialización (11%), as tecnoloxías emerxentes na contorna da FP (8%) e as competencias lingüísticas profesionais (4%).

As principais novidades neste ámbito son a incorporación de actividades específicas para a impartición dos novos módulos incluídos na lei de FP que se empeza a aplicar a partir de setembro, en concreto os de Itinerario Persoal para a Empregabilidade I, Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo, Dixitalización aplicada aos sectores produtivos e Inglés profesional.

Tamén se suma unha nova liña de actuación centrada nas tecnoloxías emerxentes na contorna da FP, co obxectivo de facilitar a integración da intelixencia artificial, a internet das cousas, a realidade virtual ou a realidade aumentada, entre outras.

Ademais, no marco da liña de actuación de acreditación de competencias, introdúcese como novidade un Módulo ARA, módulo para formarse no procedemento de acreditación de competencias e orientación profesional dirixida a todo o profesorado, orientadores, equipos directivos, persoal experto non docente, dinamizadores...

Balance do curso 2023/24

No curso que vén de rematar realizáronse un total de 5.854 actividades, un 6% máis ca no curso anterior, das que 152 foron estadías en empresas ou organismos equiparados. Isto supuxo 122.073 horas de formación impartidas e 123.341 prazas ofertadas, das que gozaron máis de 31.370 docentes, o 87% do profesorado galego. A falta dos datos definitivos, emitíronse 76.574 certificacións, o que implica que o 85% dos participantes remataron satisfactoriamente a formación. 

Neste ano académico intensificouse a liña de actuación para a acreditación das competencias dixitais do profesorado dentro do sistema educativo. A día de hoxe recibiron esta certificación 29.662 docentes. Así mesmo, concedéronse 69 licenzas de formación a docentes, cunha duración total de 206 meses e un orzamento de case 900.000 euros, con resultados e valoracións moi positivos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302315 {"title":"A Xunta incrementa nun 7,5% as prazas de formación para o profesorado, con especial fincapé nas competencias matemática, dixital e na FP","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302315"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302315-xunta-incrementa-nun-7-5-as-prazas-formacion-profesorado-especial-fincape-nas-competencias-matematica-dixital-e-na-fp https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.