A Guarda instalará un aseo público autolimpiable e mellorará os seus recursos turísticos dixitais grazas a unha achega de 60.000 euros da Xunta

Imagen del artículo A Guarda instalará un aseo público autolimpiable e mellorará os seus recursos turísticos dixitais grazas a unha achega de 60.000 euros da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As melloras serán posibles grazas ás subvencións de Turismo de Galicia a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego
  • A Xunta destinará máis de 2,7 millóns de euros a estas axudas na área territorial de Pontevedra
  • O delegado territorial destacou a necesidade de colaborar cos concellos para potenciar un recurso tan importante como o turismo

A Guarda (Pontevedra), 3 de xullo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello da Guarda con motivo das subvencións de Turismo de Galicia a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego. 

Así, o delegado territorial comprobou os resultados da subvención outorgado o pasado 2023 que permitiu ao concello engadir unha serie de recursos dixitais como mapas turísticos á súa páxina web. Ademais, Reguera, acompañado polo alcalde da Guarda, Roberto Álvarez, aproveitou para anunciar as actuacións que se levarán a cabo grazas á convocatoria deste 2024. 

Neste sentido o concello seguirá apostando pola mellora dos recursos dixitais, cunha recreación virtual do castro de Santa Trega, así como do porto pesqueiro e do Castelo de Santa Cruz. Ademais, a axuda de Turismo de Galicia permitirá instalar un aseo autolimpiable na rúa Manuel Álvarez, moi preto da praza Avelino Vivente. 

Estas actuación, nas que a Xunta investirá un total de 60.000 euros permitirán ofrecer novos servizos aos turistas que visiten A Guarda, así como aos veciños e veciñas que queiran coñecer máis sobre o seu concello. 

A convocatoria deste ano contou cun orzamento de máis de 2.7 millóns de euros,dos cales máis de 320.000 corresponden a oito concellos da área territorial de Pontevedra. Entre eles, ademais do concello da Guarda, atopase o concello de Sanxenxo que suma 128.000 euros de axudas; o concello de Marín, con 39.100 euros; o concello de Vilaboa, con 16.117 euros; e o de Vilanova de Arousa, con 80.000 euros. 

Trátase da segunda convocatoria da liña de axudas para levar a cabo acciones de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, unha das actuacións incluídas no Plan Territorial de Sustentabilidade Turística do Litoral, posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos Next Generation. 

Reguera rematou a visita lembrando a importancia de continuar colaborando cos concellos para "potenciar un recurso económico e social tan importante como o turismo" e destacou o compromiso da Xunta cun "turismo máis desestacionalizado e descentralizado". 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302313 {"title":"A Guarda instalará un aseo público autolimpiable e mellorará os seus recursos turísticos dixitais grazas a unha achega de 60.000 euros da Xunta","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302313"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302313-guarda-instalara-aseo-publico-autolimpiable-e-mellorara-os-seus-recursos-turisticos-dixitais-grazas-unha-achega-60-000-euros-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.