Ana Ortiz apela ao "clima de entendemento" do concello coa Xunta e pide ao alcalde que se sume ao manifesto da alta velocidade entre Vigo e Oporto

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada empraza por carta ao rexedor vigués a que se sume ás peticións do presidente Alfonso Rueda para solicitar prazos concretos e orzamentos na liña ferroviaria con Portugal 

Vigo, 3 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, emprazou este mércores a o alcalde, Abel Caballero, a firmar o manifesto firmado entre Galicia e Portugal para acelerar a posta en marcha da alta velocidade ferroviaria entre Vigo e Oporto.  A representante autonómica saiu ao paso das declaracións feitas polo rexedor vigués "tan só unha semana despois" da reunión mantida con presidente Alfonso Rueda.

"Gustaríame que o alcalde non rompa o clima de entendemento coa Xunta de Galicia e apoie as peticións sobre unha infraestrutura básica para o progreso da nosa cidade", apuntou Ana Ortiz. Ademais, explicou que xa se dirixiu de forma oficial ao alcalde para que se sume ao pacto do Goberno galego e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional Norte de Portugal (CCDR-N) rubricado na localidade de Valença do Minho.

Ortiz lembrou que o texto firmado en Valença ten como obxectivo apoiar a conexión ferroviaria de alta velocidade entre Galicia e Lisboa que xa fora aprobada en sucesivos cumios ibéricos entre os Gobernos de España e Portugal, nos que se recoñeceu a prioridade desta infraestrutura. No anterior cumio celebrado en marzo de 2023 en Lanzarote ambos executivos comprometéronse a potenciar as actuacións da infraestrutura, en especial o Corredor Atlántico.

"Polo ben da cidade e polo futuro dun proxecto vital para nosa economía, agardo que decida adherirse ao manifesto firmado onte en Valença e pida a Pedro Sánchez que se comprometa coa mesma intensidade que Portugal", indicou.

O Goberno galego e o portugués renovaron o compromiso da alta velocidade no encontro celebrado o pasado 23 de maio entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o ministro de infraestruturas luso, Miguel Pinto, xunto co presidente da CCDR-N, António Cunha. Nesta reunión fixouse a data de posta en servizo en 2032. Ademais, a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal xa viña reclamando desde hai unha década a liña de alta velocidade Vigo-Porto-Lisboa, que tanto para a Xunta como para a CCDR-N supón unha actuación prioritaria.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302312 {"title":"Ana Ortiz apela ao \"clima de entendemento\" do concello coa Xunta e pide ao alcalde que se sume ao manifesto da alta velocidade entre Vigo e Oporto","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101498-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302312"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302312-ana-ortiz-apela-ao-clima-entendemento-do-concello-coa-xunta-e-pide-ao-alcalde-se-sume-ao-manifesto-da-alta-velocidade-vigo-e-oporto https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.