A Xunta licita por preto de 300.000 euros as obras de ampliación da rede de saneamento da Torre Vella, en Cerdedo-Cotobade

Imagen del artículo A Xunta licita por preto de 300.000 euros as obras de ampliación da rede de saneamento da Torre Vella, en Cerdedo-Cotobade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os traballos enmárcanse no convenio asinado entre Augas de Galicia e o concello e están cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
  • Ángeles Vázquez salienta que as actuacións permitirán conectar os núcleos de Covas, A Torre Vella e Río Tenorio á rede de saneamento dando continuidade a outras actuacións realizadas na zona como a execución dunha nova estación depuradora e o desenvolvemento da rede de saneamento
  • As obras consistirán na realización de seis tramos de colectores que suman arredor de 900 metros de tubaxes para dar servizo a unha poboación de 390 habitantes equivalentes no horizonte de 2046 e enlazalos con 38 novos pozos de rexistro

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 3 de xullo de 2024

A Xunta está a licitar as obras de ampliación da rede de saneamento da Torre Vella, no concello de Cerdedo-Cotobade, por importe de arredor de 300.000 euros co obxectivo de ampliar e completar o servizo nos núcleos de Covas, A Torre Vella e Río Tenorio.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe a zona, onde destacou que esta actuación se enmarca no convenio de colaboración asinado a comezos de ano entre Augas de Galicia e o Goberno local por importe de preto de 380.000 euros para as anualidades 2024 e 2025. Os traballos previstos contan con ata o 60% de financiamento europeo a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

As obras permitirán conectar os núcleos de Covas, A Torre Vella e Río Tenorio á rede de saneamento dando continuidade a outras actuacións realizadas recentemente na zona como a execución dunha estación depuradora na parroquia de Tenorio -con capacidade para tratar as augas residuais duns 1.000 habitantes- e o desenvolvemento da rede de saneamento no núcleo da Torre Vella.

Deste xeito, a posta en marcha das novas instalacións de depuración e saneamento permitirán tratar as augas residuais dos núcleos de Covas, A Laxe, Lérez, A Torre Vella, Barro, Zamar, Río Tenorio e O Castro.

A responsable autonómica incidiu en que a conexión á rede deses tres núcleos pendentes requirirá da execución de seis tramos de colectores que suman arredor de 900 metros de tubaxes que darán servizo a unha poboación de 390 habitantes equivalentes no horizonte de 2046. Eses novos tramos conectarán con 38 novos pozos de rexistro que se van construír e será necesario tamén repoñer os servizos e firmes da estrada N-541 que se verán afectados polas obras.

Ángeles Vázquez explicou que a previsión é que ese contrato se adxudique a comezos de 2025 e que os traballos sobre o terreo comecen no segundo trimestre dese ano. Cun prazo de execución de seis meses, agárdase que as actuacións estean rematadas na última parte do próximo exercicio.

Esta é unha das actuacións incluídas nos orzamentos do Executivo galego para este ano, que mobilizará un total de 85 millóns de euros en distintas actuacións de saneamento e depuración de augas -incluíndo a explotación de 27 depuradoras cuxa xestión foi cedida á Xunta polos concellos- e 23 millóns de euros na mellora dos sistemas de abastecemento municipais.

Metas ODS

Nesta liña, a titular de Medio Ambiente e Cambio Climático incidiu en que este esforzo contribúe a que Galicia avance a bo ritmo cara ao cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) marcados a nivel global pola chamada Axenda 2030, situándose xa en todos eles por riba dos resultados a nivel nacional.

De feito, no caso do apartado de Auga limpa e saneamento (ODS número 6) experimentou avances notables dándose por conseguida esta meta grazas a medidas impulsadas pola Xunta como os Plans de xestión da auga de Galicia para acadar servizos de subministración e depuración axeitados e equitativos ou outros documentos de planificación para facer fronte a aspectos como a seca, o risco de inundacións ou o aproveitamento hidroeléctrico dos recursos naturais. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302207 {"title":"A Xunta licita por preto de 300.000 euros as obras de ampliación da rede de saneamento da Torre Vella, en Cerdedo-Cotobade","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101553-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302207"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302207-xunta-licita-preto-300-000-euros-as-obras-ampliacion-da-rede-saneamento-da-torre-vella-cerdedo-cotobade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.