A Xunta pon en valor a importancia da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal

Imagen del artículo A Xunta pon en valor a importancia da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, defendeu o traballo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en ámbitos como a xestión dos proxectos do programa POCTEP
  • A oficina creouse en 2010 co obxectivo de dinamizar a cooperación e contribuír á consolidación da eurorrexión entre Galicia e Norte de Portugal

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea puxo en valor hoxe no Parlamento galego a actividade da oficina de cooperación transfronteiriza da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Así, sinalou que esta oficina executa as políticas acordadas entre a Xunta e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal, no marco da Comunidade de Traballo Transfronteiriza creada en 1991.

O director xeral explicou que esta entidade, regulada polo Dereito Comunitario Europeo, creouse en 2010 co obxectivo de dinamizar a cooperación e contribuíu a consolidación dunha Eurorrexión entre Galicia e o Norte de Portugal.

Segundo Jesús Gamallo, a AECT ten un dobre cometido. Por unha banda, participa na elaboración de plans estratéxicos como o documento de Impulso á Cooperación de Proximidade, aprobado trala pandemia da covid-19, o Plan de Investimentos Conxuntos (PIC) que prioriza os investimentos na eurorrexión utilizando fondos europeos, ou a elaboración da RIS3T, a Estratexia de Especialización Intelixente en Innovación, compartida por ambas rexións e única no marco europeo.

Por outra banda, a AECT xestiona proxectos concretos que contan con financiamento comunitario como o programa Iacobus de intercambio universitario, ou o Nortear para a cooperación cultural, no campo do hidróxeno verde ou da industria aeronáutica.

Nestes momentos, a entidade traballa en iniciativas como un Estatuto para os traballadores transfronteirizos, que será presentado aos gobernos de España e Portugal no próximo Cumio Ibérico, ou a posta en marcha dun clúster de turismo na eurorrexión.

Finalmente, o director xeral lembrou a esencial participación desta entidade no acto de sinatura e presentación aos axentes sociais de cooperación dun manifesto en favor do tren de alta velocidade entre A Coruña e Lisboa, celebrado o día de onte.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302206 {"title":"A Xunta pon en valor a importancia da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302206"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302206-xunta-pon-valor-importancia-da-cooperacion-transfronteiriza-galicia-e-norte-portugal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.