Belén do Campo destaca o aumento de prazas no programa "Benestar en Balnearios" da Xunta incluíndo nas quendas os meses de verán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ofértanse  máis de 1.230 prazas en 15 establecementos de toda a Comunidade para persoas maiores de 60 anos, ou maiores de 55 en condición de pensionista e poderán levar acompañante
  • Como novidade, este ano ofertaranse tamén estadías durante o verán, de maneira que os maiores poderán contar con oferta de xullo a decembro

Carballo (A Coruña), 3 de xullo de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o balneario de Carballo para informar dunha nova convocatoria do programa Benestar en Balnearios, que ofrece estadías en 15 establecementos da nosa comunidade para maiores de 60 anos, ou maiores de 55 en condición de pensionista e poderán levar acompañante. As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o 17 de xullo. Na provincia da Coruña están inscritos neste programa o hotel balneario do Tremo en Brión e o Baños Vellos de Carballo., Na provincia de Lugo 4 hai balnearios adheridos, en Ourense outros 4 e na provincia de Pontevedra 5 establecementos termais para elixir. A Xunta de Galicia financia ata o 45% do custe total.

Na edición deste ano auméntanse as prazas dispoñibles ata superar as 1.230 e tamén se aumentan as quendas aos meses de verán, de maneira que aquelas persoas que así o desexen poidan desfrutar deste programa desde o mes de xullo a decembro. O programa  oferta estadías de 10 días en réxime de pensión completa. A Xunta destina a esta convocatoria un 9% máis que na pasada edición, isto é, un orzamento de 300.000 euros.

As solicitudes deberán presentarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. De maneira opcional, poderanse presentar por rexistro.

Belén do Campo apuntou que  esta iniciativa serve para impulsar a calidade de vida das persoas maiores, tamén contribúe a seguir apostando polo sector dos balnearios que é punteiro na comunidade. "Galicia senta ben en moitos sentidos e un dos principais é o das súas augas termais que son un tesouro, xa que aquí concentramos unha parte importante dos recursos que hai en toda España", asegurou a delegada.

A delegada da Xunta animou a todos aqueles que aínda non probaron o termalismo ou queren repetir a experiencia a facelo porque "uns días nun balneario de Galicia é algo que merece a pena experimentar", asegurou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
302204 {"title":"Belén do Campo destaca o aumento de prazas no programa \"Benestar en Balnearios\" da Xunta incluíndo nas quendas os meses de verán","published_date":"2024-07-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101550-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"302204"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-03/302204-belen-do-campo-destaca-aumento-prazas-programa-benestar-balnearios-da-xunta-incluindo-nas-quendas-os-meses-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.