Medio Rural salienta o compromiso de Granxa Campomayor na potenciación do sector avícola en Galicia a través da innovación e a calidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A titular da Consellería visitou as novas instalacións, nas que se elaborará ovo a baixa temperatura, conseguindo conciñalo dentro da súa propia casca e deixándoo listo para o seu consumo
  • Ademais, puxo de relevo que esta actividade innovadora ofrece un valor engadido a un produto básico da alimentación como é o ovo
  • María José Gómez destacou esta empresa familiar como un exemplo de remuda xeracional dentro do sector primario, o que é unha das apostas do Goberno autonómico nos vindeiros anos para conseguir a incorporación de mozos ao agro

Lugo, 2 de xullo de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración da nova planta de ovoelaborado de Granxa Campomayor, situada no polígono lucense das Gándaras, onde puxo en valor o traballo desta empresa familiar a prol da potenciación do sector avícola galego a través da innovación e a calidade.

A inauguración, que contou cunha visita polas instalacións, serviu para coñecer como se traballará nela para elaborar o produto con ovo a baixa temperatura, conseguindo cociñalo dentro da súa propia casca e deixándoo listo para consumir. A conselleira quixo resaltar esta actividade e a contribución desta empresa para que o sector medre e se consolide como unha potencia innovadora, ofrecendo valor engadido a un produto básico da alimentación como é o ovo.

Ademais, María José Gómez salientou que Campomayor é un exemplo da remuda xeracional pola que se está a traballar no Goberno galego dentro do sector primario, xa que é unha granxa familiar que xa vai pola terceira xeración. Nesta liña, engadiu que acadar esa remuda e favorecer a incorporación de mozos ao agro é unha das apostas da Xunta para os vindeiros anos.

Campomayor

A Granxa Campomayor, empresa que iniciou a súa actividade en 1995, aínda que a súa historia comeza en 1942,  é o principal produtor de ovos de galiña en gaiola de Galicia con preto de 480.000 prazas de poñedoras, o que supón máis do 46% do total das prazas coas que se dispón na nosa comunidade. Esta planta únese ás instalacións coas que xa conta por varios puntos da xeografía galega: Ximonde e Campomayor, no concello de Palas de Rei, Boimorto (A Coruña) e Vilalba (Lugo).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
300325 {"title":"Medio Rural salienta o compromiso de Granxa Campomayor na potenciación do sector avícola en Galicia a través da innovación e a calidade","published_date":"2024-07-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101260-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"300325"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-02/300325-medio-rural-salienta-compromiso-granxa-campomayor-na-potenciacion-do-sector-avicola-galicia-traves-da-innovacion-e-calidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.