Os traballos da prolongación da autovía AG-59 desde A Ramallosa a Pontevea farán necesario un corte de tráfico do vial municipal de Pite, en Teo, a partir do mércores

Imagen del artículo Os traballos da prolongación da autovía AG-59 desde A Ramallosa a Pontevea farán necesario un corte de tráfico do vial municipal de Pite, en Teo, a partir do mércores

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O corte temporal, que se prolongará desde mañá e durante 3 meses, permitirá a construción do paso Inferior do Eixe 12 no marco da obra de prolongación desta autovía, que é atravesado polo trazado do tronco da AG-59 
  • Durante as obras estará garantido o acceso do tráfico entre Pite e a estrada AC-841 que se desviará polo núcleo de Luci
  • A Xunta segue avanzando no novo treito da autovía libre de peaxe Santiago-A Estrada, a cuxas obras destina un investimento de máis de 32,3M€, para habilitar 3,5 quilómetros da AG-59, dándolle continuidade ao treito en servizo entre Santiago e A Ramallosa 

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024

Os traballos da prolongación da autovía autonómica AG-59 desde Ramallosa a Pontevea, no concello de Teo, farán necesario o corte de tráfico no vial municipal situado no lugar de Pite, a partir deste mércores.

O corte temporal deste vial, que se prolongará desde mañá, día 3, e durante 3 meses, é necesario para realizar a construción do paso Inferior do Eixe 12 no marco da obra de prolongación da autovía, que é atravesado polo trazado do tronco da AG-59.

En todo caso, este corte polo tronco non afectará o acceso das vivendas do núcleo poboacional de Pite, téndose xa programado a correspondente habilitación de desvíos alternativos para el tráfico. Deste xeito, o tráfico entre Pite e a estrada AC-841 desviarase polo núcleo de Luci.

En concreto, o corte temporal deste vial municipal permitirán realizar a construción do citado paso inferior e cuxos traballos comezarán pola escavación da cimentación do paso inferior, para continuar coa execución de cimentación, alzados e laxa superior do paso inferior in situ.

Os traballos proseguirán coa execución da drenaxe transversal da autovía, para rematar coa reposición de firmes e pavimentos da estrada local de acceso a Pite.

Con estes traballos séguese avanzando na execución das obras deste novo treito da autovía libre de peaxe Santiago-A Estrada, cuxas obras suporán un investimento de máis de 32,3 M€, permitirán habilitar 3,5 quilómetros da AG-59, dándolle continuidade ao treito de autovía libre de peaxe que xa se atopa en servizo entre Santiago de Compostela e A Ramallosa.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
300322 {"title":"Os traballos da prolongación da autovía AG-59 desde A Ramallosa a Pontevea farán necesario un corte de tráfico do vial municipal de Pite, en Teo, a partir do mércores","published_date":"2024-07-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"300322"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-02/300322-os-traballos-da-prolongacion-da-autovia-ag-59-ramallosa-pontevea-faran-necesario-corte-trafico-do-vial-municipal-pite-teo-partir-do-mercores https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.