Román Rodríguez desexa "a mellor formación e experiencia" aos centos de estudantes galegos que este verán viaxan a cinco países coas bolsas da Xunta

Imagen del artículo Román Rodríguez desexa a mellor formación e experiencia aos centos de estudantes galegos que este verán viaxan a cinco países coas bolsas da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os estudantes de 1º e 2º de Bacharelato mellorarán as súas competencias lingüísticas en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña
  • O Goberno galego destina preto de 2M€ a esta actividade, de tal xeito que se subvenciona ata o 92% da mesma para as tres semanas de estadía
  • O titular de Educación sinala que esta iniciativa é "unha porta de entrada a unha nova cultura, a outra forma de ver e entender o mundo"

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2024

 O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na xornada de benvida para os estudantes de Bacharelato que este verán viaxan ao estranxeiro para perfeccionar o seu nivel en diferentes linguas estranxeiras grazas ás bolsas da Xunta. En concreto, un total de 645 alumnos e alumnas de toda a Comunidade realizarán estadías en cinco países ao longo destes meses. A todos eles desexoulles "a mellor formación e experiencia".

Como recordou o conselleiro, o propósito destas estadías "non é só que o alumnado asistente aprenda un idioma estranxeiro, senón tamén que entre en contacto con outras linguas, persoas, culturas e realidades" nun contexto de inmersión ou integración nun país estranxeiro, "o que contribúe á súa formación integral e ao seu desenvolvemento persoal en plena adolescencia". O titular de Educación sinalou que esta iniciativa é "unha porta de entrada a unha nova cultura, a outra forma de ver e entender o mundo".

 

Fíxoo estas declaracións durante unha xornada de benvida para o alumnado beneficiario destas bolsas -o denominado programa AxudasLe- e para as súas familias co fin de proporcionar orientacións sobre a viaxe e a estadía e resolver dúbidas. No acto, estivo acompañado da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.

Complemento ao traballo na aula

Román Rodríguez explicou que o Goberno galego está comprometido co avance das competencias en linguas estranxeiras do alumnado. "Mellorar a capacidade de comunicarse noutros idiomas é un incentivo imprescindible hoxe en día", afirmou. Por iso, logo de traballar intensamente nas aulas grazas a medidas como os auxiliares de conversa, ofrécense tamén outras alternativas como os campamentos de inmersión en Galicia durante a primavera e o outono, e as propias estadías lingüísticas estivais.

O representante autonómico animou aos alumnos participantes neste programa de verán a representar Galicia no estranxeiro, exercendo como bos embaixadores da nosa Comunidade. De feito, convidounos "a falar con todo o mundo, a integrarvos e participar activamente no programa formativo dentro e fóra das aulas".

Distribución por cursos e países

Para o programa de estadías lingüísticas en países estranxeiros este verán, foron seleccionados un total de 407 alumnos de 1º de Bacharelato e outros 238 de 2º de Bacharelato, que gozarán de tres semanas en réxime residencial ou familiar en Reino Unido, Francia, Portugal, Canadá e Alemaña no período estival, entre xullo e agosto.

Así pois, 339 estudantes desprazaranse a Reino Unido e 230 a Canadá para mellorar as súas competencias en inglés; 60 farano a Francia para facelo co seu francés; dez irán a Alemaña para perfeccionar o alemán, e seis a Portugal para reforzar o seu portugués.

 

 

Curso

Modalidade

Prazas

2º Bacharelato

Inglés en Canadá

90

Inglés no Reino Unido

120

Francés en Francia

20

Portugués en Portugal

3

Alemán en Alemaña

5

1º Bacharelato

Inglés en Canadá

140

Inglés no Reino Unido

219

Francés en Francia

40

Portugués en Portugal

3

Alemán en Alemaña

5

 

 

 

 

O Goberno galego destina preto de 2M€ a esta actividade, de tal xeito que se subvenciona entre o 92% e o 62% do custo das estancias dos estudantes. Con cargo a esta partida, a Consellería de Educación sufraga parte dos gastos de contratación dos monitores que acompañan a cada grupo, mantemento e aloxamento, traslados para actividades, docencia e material escolar, actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, seguros de accidentes e certificado de realización do curso.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
294586 {"title":"Román Rodríguez desexa \"a mellor formación e experiencia\" aos centos de estudantes galegos que este verán viaxan a cinco países coas bolsas da Xunta","published_date":"2024-06-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"294586"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-29/294586-roman-rodriguez-desexa-mellor-formacion-e-experiencia-aos-centos-estudantes-galegos-veran-viaxan-cinco-paises-coas-bolsas-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.