A Xunta participa na entrega de premios de biomasa no marco da feira Galiforest

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Boqueixón, 28 de xuño de 2024 O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participaron hoxe na entrega dos Premios de Biomasa organizada polo Clúster Biomasa.

Estes premios enmárcanse na VII Feira Galiforest Abanca que constitúe o maior certame forestal do país e un contexto idóneo para celebrar un sector, como o forestal, que xera riqueza e emprego en Galicia.

Neste contexto, Aboal, que foi o encargado de clausurar o evento, subliñou que Galiforest é sinónimo de coñecemento, divulgación, innovación e negocio ao tempo que converte a Galicia no epicentro do sector monte-industria en España. Unha entrega de galardóns na que Paz Rodríguez recibiu o Premio á Aposta pola Biomasa na Administración Autonómica, polo traballo desenvolvido por esta Axencia de cara a avanzar nos modelos de xestión forestal sustentables.

Hoxe a Comunidade galega  lidera o sector a nivel nacional grazas ao traballo conxunto de todos os actores que participan na cadea monte-industria e que fan posible que un sector esencial e cunha longa tradición se converta nun exemplo de modernidade, sustentabilidade e cunha forte pegada innovadora.

 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
293752 {"title":"A Xunta participa na entrega de premios de biomasa no marco da feira Galiforest","published_date":"2024-06-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/98887-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"293752"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-28/293752-xunta-participa-na-entrega-premios-biomasa-marco-da-feira-galiforest https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.