A Xunta informa aos concellos da proposta de revisión do canon de Sogama para 2024 e avanza que a achega do Fondo de cooperación se acompasará á facturación

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A previsión é que en xullo se envíen as facturas do primeiro semestre do ano e que as administracións locais reciban en paralelo a compensación correspondente
  • Explica que a actualización do importe terá que ser ratificada aínda pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Consello de administración da empresa

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia mantivo hoxe unha reunión telemática con representantes municipais de máis dun cento dos concellos que actualmente envían os seus residuos a Sogama co obxectivo de explicarlles a proposta de actualización do canon para 2024 e resolver as súas posibles dúbidas, incidindo, sobre todo, no Fondo de cooperación local adicional habilitado para paliar o impacto da posible revisión e cuxo pago se acompasará á facturación dos recibos deste ano.

O presidente da empresa pública, Javier Domínguez, acompañado doutros membros do seu equipo e do secretario xeral técnico e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública, David Cabañó, lembrou durante a súa intervención que a proposta de actualización do canon responde ás decisións do Goberno central adoptadas no último ano e medio e que están a ter un grande impacto económico no custo do servizo que presta Sogama.

En todo caso, tal e como se avanzara xa tras a reunión do Consello de Administración da empresa pública do pasado martes, a Xunta transferirá 9 millóns de euros ás 295 entidades locais adheridas co fin de minimizar o impacto da medida nas súas contas.

Segundo explicaron durante a xuntanza telemática, esta achega farase a través dun pago único aos concellos que se distribuirá conforme á poboación de cada entidade local e se abonará no mes de xullo, a fin de acompasalo á facturación dos recibos correspondentes ao primeiro semestre do ano. Deste xeito, as administracións locais poderán dispoñer destes fondos no momento en que teñan que abonar a Sogama as facturas pola xestión e o tratamento dos seus residuos.

Cómpre lembrar que a proposta de revisión do canon para 2024 obedece ao encarecemento do custo do servizo que supuxo para a empresa pública a entrada en vigor de novos impostos estatais e outras decisión adoptadas polo Executivo central.

En concreto, o novo tributo estatal á vertedura e á incineración, en vigor desde xaneiro de 2023 e contra o que a Xunta presentara no seu día alegacións, supuxo un desembolso para Sogama de 9,1 millóns de euros o ano pasado; ademais, a empresa tivo que abonar 2,9 millóns pola recuperación do imposto estatal do valor da enerxía eléctrica.

A estas contías hai que engadir tamén o feito de que en xullo de 2023 o Goberno central eliminou a retribución que viña percibindo Sogama polo investimento realizado na súa planta termoeléctrica, unha instalación de última xeración e que aplica no seu proceso de combustión unha tecnoloxía na que prima a eficiencia e a sustentabilidade.

Por este motivo e tendo en conta que o sobrecusto do servizo en 2023 para a empresa pública galega se traduciu nun total de 21,9 millóns de euros —asumidos integramente pola empresa—, propúxose que o importe medio a pagar este ano por parte dos 295 concellos que envían os seus residuos a Cerceda quede fixado en 66 euros por tonelada, descontada xa a achega da Xunta ás entidades locais a través do Fondo de cooperación local adicional e que se traducirá nun desconto de 12 euros/tonelada.

A decisión sobre esta actualización, en todo caso, aínda non é definitiva. Unha vez coñecida a proposta, abriuse un prazo de 10 días hábiles para que a Federación galega de municipios e provincias presentara as súas alegacións.

Transcorrido ese prazo, o Consello de Administración de Sogama volverá reunirse para facer a súa proposta á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que, previo informe do departamento de Facenda e Administración Pública, aprobará o novo canon para este ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
293750 {"title":"A Xunta informa aos concellos da proposta de revisión do canon de Sogama para 2024 e avanza que a achega do Fondo de cooperación se acompasará á facturación","published_date":"2024-06-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100483-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"293750"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-28/293750-xunta-informa-aos-concellos-da-proposta-revision-do-canon-sogama-2024-e-avanza-achega-do-fondo-cooperacion-se-acompasara-facturacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.