A Xunta destaca a aposta de Indra por Galicia, no marco dunha política industrial orientada á atracción de investimentos

Imagen del artículo A Xunta destaca a aposta de Indra por Galicia, no marco dunha política industrial orientada á atracción de investimentos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxética, Nicolás Vázquez, asistiu esta mañá á inauguración da nova sede de Indra Defensa en Narón, un referente en enxeñaría de sistemas navais
  • Salienta que o obxectivo da Xunta é facer de Galicia un polo ibérico de atracción industrial para impulsar o desenvolvemento económico e o emprego de calidade
  • Apunta que os tres piares nos que se está apoiando o Goberno galego son a aceleración de proxectos industriais, a desburocratización e a planificación enerxética

Narón (A Coruña), 28 de xuño de 2024

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, puxo de manifesto a aposta que Indra volve facer por Galicia coa inauguración das súas novas instalacións na comarca de Ferrol, que se produce, dixo, en consonancia coa política de atracción de investimentos que está a desenvolver a Administración autonómica.

Nicolás Vázquez asistiu esta mañá á inauguración da nova sede de Indra en Narón, un referente en enxeñaría de sistemas navais, que colabora con Navantia e onde traballan unha trintena de profesionais galegos. O secretario xeral de Industria agradeceu que renove a súa aposta por seguir investindo en Galicia e no talento galego, como empresa tractora que dá entrada na cadea de valor a máis dunha decena de pemes locais.

Segundo dixo, o obxectivo da Xunta é facer de Galicia un polo ibérico de atracción industrial para impulsar o desenvolvemento económico e o emprego de calidade. E, nese sentido, apuntou que os tres piares nos que se está apoiando o Goberno galego son a aceleración de proxectos industriais, a desburocratización e a planificación enerxética.

O secretario xeral de Industria sinalou que, con ese obxectivo, a Xunta está a desenvolver unha estratexia de política industrial integrada e responsable, que dea impulso á industria tecnolóxica e innovadora. Tamén mencionou os plans directores que se están a redactar para os sectores declarados estratéxicos, como é o caso do naval e o sector TIC.

No que respecta á desburocratización, Nicolás Vázquez remarcou o labor que fai a Oficina Económica de Galicia e as vantaxes que ofrece o Plan de aceleración de proxectos industriais, así como a declaración de Proxecto Industrial Estratéxico para as iniciativas que supoñan un investimento mínimo de 2M€ e a creación de 25 postos de traballo, ás que se lles garante un prazo de tramitación dun ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
293104 {"title":"A Xunta destaca a aposta de Indra por Galicia, no marco dunha política industrial orientada á atracción de investimentos","published_date":"2024-06-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100518-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"293104"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-28/293104-xunta-destaca-aposta-indra-galicia-marco-dunha-politica-industrial-orientada-atraccion-investimentos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.