A conselleira Martínez Allegue asina cos concellos de Lobios e Cartelle senllos convenios para executar obras de humanización ao abeiro do Plan Hurbe

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Martínez Allegue firmou coa alcaldesa de Lobios, Carmen Yáñez, o acordo para a urbanización da praza de San Antonio en Puxedo, cun investimento de 170.000€
  • A responsable de Vivenda tamén rubricou co alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, o convenio para acondicionar a praza de Picoutiños en Nogueiró, cun investimento de case 110.000€
  • Segundo estes convenios, a Xunta asumirá o 70% do orzamento e contratará e executará as obras, mentres que os concellos achegarán o 30% restante do custe dos traballos

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, vén de asinar cos concellos de Lobios e Cartelle senllos convenios de colaboración para executar obras de humanización, a abeiro do Plan Hurbe.

Por unha parte, Martínez Allegue firmou coa alcaldesa de Lobios, Carmen Yáñez, o convenio para a urbanización de rúa na Vila e praza de San Antonio en Puxedo, que suporán un investimento de 170.000 euros.

A intervención prevista centrarase na mellora dun camiño que entronca cunha estrada provincial na zona de Puxedo, co obxectivo de humanizar a rúa e a praza mediante a mellora da pavimentación existente. Coa intervención, a contorna de protección manterá os seus valores ambientais, de modo que as actuacións que se levarán a cabo serán harmoniosas, integrándose os materiais, os sistemas construtivos e cromatismo.

Por outra parte, a conselleira asinou co alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, o convenio para humanizar a praza de Picoutiños en Nogueiró, cun investimento de case 110.000€.

O obxectivo é acondicionar a praza de Picoutiños para funcionar como área recreativa e de esparexemento, fomentado a actividade social e tratando de convertela nun lugar apracible para os veciños, o que redundará na mellora da calidade de vida da poboación.

De acordo aos convenios asinados para estas actuacións do Plan Hurbe, a Consellería asumirá o 70% do orzamento e contratará e executará as obras, mentres que os concellos achegarán o 30% restante do custe dos traballos; así como a redacción do proxecto das obras, a realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
292987 {"title":"A conselleira Martínez Allegue asina cos concellos de Lobios e Cartelle senllos convenios para executar obras de humanización ao abeiro do Plan Hurbe","published_date":"2024-06-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1038216\/_RTB0982.JPG","id":"292987"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-28/292987-conselleira-martinez-allegue-asina-cos-concellos-lobios-e-cartelle-senllos-convenios-executar-obras-humanizacion-ao-abeiro-do-plan-hurbe https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.