A Consellería do Medio Rural potencia a internacionalización das pemes agroalimentarias artesanais a través do proxecto 'Export Plus'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Axencia Galega da Calidade Alimentaria apoia esta iniciativa que ten como obxectivos principais aumentar o volume de exportacións, mellorar a competitividade das pemes e crear valor cara fóra
  • O director da Axencia, Martín Alemparte, destacou a importancia e idoneidade do momento no que xorde o proxecto para impulsar a artesanía  alimentaria "ao facilitar unha ferramenta para a comercialización e a internacionalización"
  • Ademais, puxo en valor o selo de calidade diferenciada de Artesanía Alimentaria, co que se destacan este tipo de producións no mercado, e que xa conta con 120 operadores galegos inscritos

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe en Santiago de Compostela nunha xornada de presentación do proxecto 'Export Plus', que busca desenvolver un novo sistema de apoio para a internacionalización das pemes artesanais agroalimentarias da Eurorrexión.

Na súa intervención, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria destacou a importancia e a idoneidade do momento deste proxecto, que persegue a internacionalización, a mellora competitiva, así como a creación de catálogos de pemes agroalimentarias e de representantes comerciais en diferentes mercados seleccionados, para impulsar a artesanía alimentaria. O proxecto facilitará unha ferramenta para a comercialización e internacionalización destes produtos.

A maiores, Martín Alemparte tamén quixo poñer en valor o selo de calidade diferenciada Artesanía Alimentaria, co que a Consellería do Medio Rural promove este tipo de producións e as destaca no mercado. Nesta liña, lembrou que Artesanía Alimentaria conta xa con 120 operadores inscritos, así como con 14 normas técnicas aprobadas e outras 12 en proceso, o que favorecerá o incremento do número de operadores inscritos neste selo certificado de Artesanía Alimentaria.

A iniciativa está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Interreg VA España-Portugal (POCTEP), e o consorcio do proxecto 'Export Plus', coordinado por Landaluz, e que reúne a Clusaga, Andanatura, NERE, AEBB e AIP-Diece. A Axencia Galega da Calidade Alimentaria colabora neste proxecto co obxectivo de impulsar a participación de empresas galegas artesanais nas distintas actividades que promove.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291810 {"title":"A Consellería do Medio Rural potencia a internacionalización das pemes agroalimentarias artesanais a través do proxecto 'Export Plus'","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100465-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"291810"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291810-conselleria-do-medio-rural-potencia-internacionalizacion-das-pemes-agroalimentarias-artesanais-traves-do-proxecto-export-plus https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.