María José Gómez destaca a elaboración do Plan de fomento das masas de coníferas na clausura do Padroado da Fundación Arume

Imagen del artículo María José Gómez destaca a elaboración do Plan de fomento das masas de coníferas na clausura do Padroado da Fundación Arume

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira avanzou que se está a formular o Plan estratéxico de fomento e xestión das masas de coníferas xunto coas universidades de Santiago e Vigo, para promover esta especie considerando aspectos económicos, ambientais e de sustentabilidade
  • Recoñeceu tamén o labor levado a cabo por esta asociación cuxo fin está centrado no fomento e desenvolvemento do piñeiro en Galicia

Boqueixón (A Coruña), 27 de xuño de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou este mediodía na clausura do Padroado da Fundación Arume, onde puxo en valor a importancia do piñeiro galego, "unha das árbores que nos caracterizan". Durante a súa intervención, avanzou que se está a formular o Plan estratéxico de fomento e xestión das masas de coníferas, en colaboración coas universidades de Santiago e Vigo. A titular de Medio Rural explicou que este plan nace co fin de promover a xestión sostible das coníferas, considerando aspectos económicos, ambientais e de sustentabilidade social e recalcou que "grazas a traballos coma estes poderemos seguir afondando na posta en valor desta especie".

Neste acto, celebrado no Centro de Interpretación do Pico Sacro, no concello coruñés de Boqueixón, tamén recoñeceu o labor levado a cabo por esta fundación, cuxo fin está centrado en fomentar o desenvolvemento do piñeiro en Galicia, a través de obxectivos como a potenciación da presenza de coníferas en cantidade e calidade, o fomento da bioeconomía ou a aposta pola innovación e o emprendemento no rural como eixes para impulsar a mellora de toda a cadea de valor do piñeiro.

María José Gómez lembrou que Galicia é referente no sector forestal e afirmou que o 50% da madeira que se corta en España procede da nosa comunidade e que "a cadea forestal-madeira supón preto do 10,9% do PIB galego e a riqueza dos nosos bosques está cifrada en 43.000 millóns de euros, dos cales o 20% corresponden a coníferas como o piñeiro".

Así mesmo, salientou que esta situación "é froito do esforzo e a dedicación de todas as persoas que traballan neste sector e de entidades como a Fundación Arume, así como do labor desenvolvido por parte da Xunta para consolidar este eido como un referente".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291809 {"title":"María José Gómez destaca a elaboración do Plan de fomento das masas de coníferas na clausura do Padroado da Fundación Arume","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100465-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"291809"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291809-maria-jose-gomez-destaca-elaboracion-do-plan-fomento-das-masas-coniferas-na-clausura-do-padroado-da-fundacion-arume https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.