As obras do instituto IES Valle Inclán de Pontevedra recibirán un novo impulso este verán para que todas as aulas estean operativas ao inicio do curso en setembro

Imagen del artículo As obras do instituto IES Valle Inclán de Pontevedra recibirán un novo impulso este verán para que todas as aulas estean operativas ao inicio do curso en setembro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, presidiu a reunión da comisión de seguimento dos traballos, que avanzan a bo ritmo
  • Xa se actuou sobre o 74% da superficie de cubertas e agora estase traballando no interior do edificio 
  • Prevese que a mediados de xullo estean desmontadas as aulas móbiles 

Pontevedra, 27 de xuño de 2024

O director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, participou hoxe na reunión da comisión de seguimento das obras do instituto IES Valle-Inclán, de Pontevedra, onde se analizou o avance dos traballos co fin de que todas as aulas estean operativas para o inicio do curso escolar en setembro. 

Segundo expuxeron os técnicos que participaron na xuntanza, nestes momentos xa están rematadas as obras das cubertas planificadas para a primeira e a segunda fase, o que supuxo actuar nunha superficie de 1.700 metros, que representa o 74% dos 2.300 metros totais de teito. 

Agora durante a época estival estanse desenvolvendo as actuacións das cubertas previstas nas fases terceira e cuarta. Paralelamente, no interior do edificio estase traballando na segunda e terceira fase e desde a próxima semana comezarase coa montaxe da carpintaría exterior ata completar todas as fachadas do centro. 

Por outra parte está previsto que a próxima semana se proceda á retirada de todas as pizarras e conexións dixitais das aulas móbiles do exterior e posteriormente, iniciar a desmontaxe das mesmas co obxectivo de que a mediados de xullo quede xa libre o espazo frontal do instituto. Xa en setembro, coas aulas completamente habilitadas e reformadas, iniciaranse as obras da zona administrativa do centro. 

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional inviste un total de 4,7M€ nesta rehabilitación integral da que é a maior obra que se está realizando nestes momentos nun centro educativo galego. A intervención arrancou a mediados de setembro do ano pasado e prevese que estea totalmente rematada a comezos de 2025.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291807 {"title":"As obras do instituto IES Valle Inclán de Pontevedra recibirán un novo impulso este verán para que todas as aulas estean operativas ao inicio do curso en setembro","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"291807"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291807-as-obras-do-instituto-ies-valle-inclan-pontevedra-recibiran-novo-impulso-veran-as-aulas-estean-operativas-ao-inicio-do-curso-setembro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.