Lorenzana agradece a Pymar as súas achegas para elaborar o plan director do sector naval de Galicia

Imagen del artículo Lorenzana agradece a Pymar as súas achegas para elaborar o plan director do sector naval de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Lembra que, xunto coa automoción, o sector naval vai ser dos primeiros en contar cun borrador deste plan, comprometido para os primeiros cen días de goberno
  • "Trátase de traballar nas necesidades futuras que ten este sector desde o punto de vista da competitividade, da diversificación, da internacionalización e do talento humano que se precisa", indica

Madrid, 27 de xuño de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe á clausura da Asemblea Xeral de Pymar, a quen agradeceu as súas achegas para elaborar o plan director do sector naval de Galicia, cuxo borrador se prevé que sexa presentado nas vindeiras semanas.

Lorenzana lembrou que, xunto coa automoción, o sector naval vai ser un dos dous sectores declarados estratéxicos polo Consello da Xunta do pasado 29 de febreiro que vai contar cun borrador do seu respectivo plan director comprometidos, ambos os dous, para os primeiros cen días de Goberno.

"Trátase de traballar nas necesidades futuras que ten este sector desde o punto de vista da competitividade, da diversificación, da internacionalización e do talento humano que se precisa", indicou a Conselleira, que fixo fincapé nos apoios concretos aos investimentos que precisan os estaleiros, as fontes renovables e ao obxectivo da  diversificación.

Do mesmo xeito, tamén se referiu ao traballo que a Consellería de Economía e Industria está a facer en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para artellar a parte do  plan relativa a formación de acordo ás necesidades que traslada a cadea de valor do sector.

Actualmente Pymar agrupa 16 estaleiros en toda España, seis deles galegos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291187 {"title":"Lorenzana agradece a Pymar as súas achegas para elaborar o plan director do sector naval de Galicia","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"291187"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291187-lorenzana-agradece-pymar-as-suas-achegas-elaborar-plan-director-do-sector-naval-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.