A Consellería do Medio Rural informa aos veciños interesados do inicio dos traballos do polígono agroforestal de Cabreira, en Salvaterra do Miño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, explicou aos asistentes os avances deste polígono agroforestal que permitirá mobilizar 22,21 hectáreas de terreo divididas en 237 parcelas de 148 propietarios
  • A zona delimitada desta iniciativa atópase dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, polo que dará resposta a unha gran demanda de terreos para produción vitivinícola, de gandaría en extensivo ou para aproveitamento forestal
  • Actualmente, en Galicia están aprobados 34 proxectos para a posta en marcha de polígonos agroforestais, ferramenta incluída na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que favorecerán a posta en valor de máis de 9.500 hectáreas

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 27 de xuño de 2024

A  directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo director territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, mantivo hoxe un encontro con veciños desta localidade para informar do inicio dos traballos do polígono agroforestal de Cabreira.

A reunión, que tivo lugar na Casa do Concello, serviu para expoñer os avances desta iniciativa de mobilización de terras que porá en valor 22,21 hectáreas de terreo, distribuídas en 237 parcelas de 148 propietarios. Este polígono ten por obxecto principal pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva, en progresivo estado de abandono ou infrautilización, recuperando a actividade agrícola e forestal nelas.

Neste caso en concreto, cómpre destacar que a zona delimitada sitúase dentro do espazo da Denominación de Orixe Rías Baixas, existindo unha gran demanda de terreos para a mellora da estrutura territorial de explotacións xa existentes ou a posta en marcha de novas iniciativas produtivas vinculadas á produción vitivinícola, á gandaría extensiva e ao aproveitamento forestal.

Posta en valor do territorio

O obxectivo de todos estes traballos é o de poñer en valor o territorio. Así, a través dos diferentes mecanismos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as reestruturacións parcelarias, a Xunta leva xa mobilizadas en total 35.000 hectáreas e traballarase para continuar incrementando ese número.

De feito, en breve sairán a concorrencia pública os polígonos agroforestais de Cualedro e Oímbra, na provincia de Ourense, sendo os primeiros que se porán en marcha en Galicia dos 34 que actualmente están aprobados e se atopan en diferentes fases de execución. Todos eles permitirán a mobilización de máis de 9.500 hectáreas, distribuídas en case 31.600 parcelas de 9.220 propietarios.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291141 {"title":"A Consellería do Medio Rural informa aos veciños interesados do inicio dos traballos do polígono agroforestal de Cabreira, en Salvaterra do Miño","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100194-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"291141"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291141-conselleria-do-medio-rural-informa-aos-vecinos-interesados-do-inicio-dos-traballos-do-poligono-agroforestal-cabreira-salvaterra-do-mino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.