Medio Rural salienta a importancia do sector forestal galego a nivel nacional e internacional na VII feira Galiforest Abanca

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira participou esta mañá na inauguración deste evento, que está consolidado como o maior certame forestal do país
  • María José Gómez destacou que Galicia é a novena potencia forestal de Europa, líder neste eido a nivel nacional e produce anualmente máis de 11 millóns de metros cúbicos de madeira
  • Salientou que o seu departamento seguirá afondando nun rural produtivo e coidado a través de ferramentas como o Plan Forestal de Galicia 2021-2040, o futuro anteproxecto de Lei de montes veciñais en man común ou novo Mapa de Usos Agroforestais

Boqueixón (A Coruña), 27 de xuño de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José González, participou esta mañá na inauguración da VII Feira Galiforest Abanca, celebrada no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude. Durante a súa intervención destacou que este evento, consolidado como o maior certame forestal do país, é unha ocasión idónea para "celebrar o sector forestal que tanto nos define e que tanta riqueza e emprego xera na nosa comunidade".

Galicia sitúase como a novena potencia forestal de Europa. A nosa comunidade é líder no sector a nivel nacional e produce anualmente máis de 11 millóns de metros cúbicos de madeira. A conselleira expuxo que o rural galego "defínese pola súa cor verde", debido a que a comunidade conta con case un millón e medio de hectáreas de bosques, e o 22% do valor produtivo da superficie forestal de España está no noso territorio.

Ao acto tamén asistiron o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, o secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Abad; e os directores xerais de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan; e o director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal.

Neste sentido, e co fin de seguir afondando nun rural produtivo e coidado, naceu o Plan Forestal 2021-2040 "Cara á neutralidade carbónica" co fin de ordenar e xestionar os nosos montes. De cara o futuro, Gómez resaltou que a vontade da Consellería é presentar "canto antes" o anteproxecto da Lei de montes veciñais en man común para poder avanzar na ordenación forestal a través do respecto á propiedade.

Xunto co Inventario Forestal Continuo, o Goberno autonómico está a traballar no desenvolvemento do Mapa de Usos Agroforestais de Galicia, que se aprobará neste 2024. Segundo explicou María José Gómez, o mapa "permitirá acceder a unha foto exacta dos usos actuais dos diferentes terreos, que actuarán de base e referencia para planificar outras actuacións". Ademais, terá asociado un visor web que estará dispoñible para o público xeral.

Seguindo esta liña, puxo de relevo o Plan estratéxico e xestión das masas de coníferas que se está a formular e a recentemente aprobada Estratexia para a xestión activa das masas de frondosas, como dúas pancas de acción para afondar na mellora deste sector.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291134 {"title":"Medio Rural salienta a importancia do sector forestal galego a nivel nacional e internacional na VII feira Galiforest Abanca","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1038216\/240627_Paz_Rodriguez_reunion_poligono_Salvaterra.jpeg","id":"291134"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291134-medio-rural-salienta-importancia-do-sector-forestal-galego-nivel-nacional-e-internacional-na-vii-feira-galiforest-abanca https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.