A Xunta impulsa a mellora na accesibilidade da casa consistorial de Leiro cunha achega de 34.000€

Imagen del artículo A Xunta impulsa a mellora na accesibilidade da casa consistorial de Leiro cunha achega de 34.000€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as instalacións para coñecer o resultado das accións executadas no marco da Orde de infraestruturas de uso público
  • Instalouse un ascensor que comunica as tres plantas do edificio e unha nova escaleira para acceder ao baixocuberta

Leiro (Ourense), 27 de xuño de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou hoxe o concello de Leiro para coñecer as melloras de accesibilidade realizadas na casa consistorial coa colaboración da Xunta. As obras contaron cunha achega autonómica que ascendeu a case 34.000 euros no marco da Orde de infraestruturas de uso público.

A través desta iniciativa instalouse un ascensor para comunicar as tres plantas do edificio, baixo, primeiro e segundo andar, eliminando as escaleiras situadas na parte posterior. A maiores construíuse unha escaleira para acceder ao baixocuberta, onde se sitúa parte do arquivo. O obxectivo é garantirlle tanto á poboación como aos traballadores a accesibilidade aos diferentes espazos das instalacións municipais.

A directora xeral destacou a importancia de apoiar os concellos na mellora das infraestruturas municipais, co obxectivo de garantir instalacións accesibles, eficientes e confortables, así como a prestación dos servizos nas mellores condicións para as persoas traballadoras e usuarias. Neste marco de acción, Natalia Prieto sinalou que a Xunta inviste un ano máis 3,5 millóns de euros a través da Orde de infraestruturas de uso público. Esta  liña de axudas beneficiou o pasado ano máis dun cento de administracións locais en toda Galicia, a meirande parte delas na provincia de Ourense con 31 concellos beneficiados que sumaron máis dun millón de euros en achegas.

A esta medida engádeselle ademais o Fondo de Compensación Ambiental, que conta con máis de 11 millóns de euros de orzamento, e o fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, con 5 millóns de euros. Como novidade este ano, os concellos dispoñen tamén dunha orde plurianual destinada a obras de mellora enerxética, cun orzamento de 5,3 millóns de euros cofinanciados con Fondos Feder para o período 2024-2025.

A través do conxunto de liñas convocadas en 2023 investíronse 27,2 millóns de euros no impulso a máis de 600 proxectos municipais. A directora xeral enmarcou estes apoios no compromiso do Goberno galego co eido local e, especialmente, coa veciñanza dos concellos de menor poboación para garantir recursos públicos de calidade en todo o territorio.

Investimento de 1,4 millóns de euros 

No que respecto ao concello de Leiro, a colaboración da Xunta no impulso aos seus proxectos municipais no marco destas medidas sumou nos últimos anos máis de 1,4 millóns de euros. Só o pasado ano, a Xunta destinou preto de 160.000 euros para proxectos como as melloras na casa consistorial, adquisición de maquinaria para limpeza viaria, modernización do abastecemento municipal, promoción e constitución de comunidades enerxéticas, restauración de escaleiras, mobiliario e sinalizacións en Corneira, entre outros. A maiores, o pasado exercicio este concello recibiu máis de 155.000 euros do fondo base de Fondo de Cooperación Local.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291039 {"title":"A Xunta impulsa a mellora na accesibilidade da casa consistorial de Leiro cunha achega de 34.000€","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"291039"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291039-xunta-impulsa-mellora-na-accesibilidade-da-casa-consistorial-leiro-cunha-achega-34-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.