Lorenzana avanza que o vindeiro luns presentarase o Plan director da automoción na Mesa do Diálogo Social

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Subliña que a Xunta está a concentrar todos os seus esforzos en evitar o risco de deslocalizacións que afronta o sector, e en garantir a competitividade da industria auxiliar e o emprego de calidade e de longa duración
  • Adianta que nos vindeiros días se convocará a liña de apoios de 18M€ para as empresas de compoñentes e provedoras

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, remarcou hoxe o diálogo constante e permanente que a Xunta vén mantendo con todos os axentes da industria da automoción en Galicia, e avanzou que o vindeiro luns 1 de xullo o Goberno galego elevará á Mesa do Diálogo Social o plan director do sector.

En resposta a unha interpelación parlamentaria, Lorenzana subliñou que a Xunta está a concentrar todos os seus esforzos en evitar o risco de deslocalizacións que afronta o sector, e en garantir a competitividade da  industria auxiliar e o emprego de calidade e de longa duración.

Ao respecto, adiantou que nos vindeiros días se convocará a liña de apoios de 18M€  aprobada para as empresas de compoñentes e provedoras que lles permitirá facer fronte xa este ano aos gastos en equipamentos ou de investimento en proxectos, con axudas entre 300.000 e 700.000 euros a fondo perdido.

Unha medida que forma parte do plan director da automoción, dixo, e que contrapuxo á baixa execución dos pertes industriais -de 33.566 M€ de orzamento, máis da metade está sen convocar e Galicia tan só é beneficiaria do 5,76 por cento do total resolto (550M€)-; e ao seu mal deseño, posto que os apoios ás empresas tractoras deberían condicionarse a que as compras se fagan no territorio (km0), suxeriu.

Lorenzana apuntou que mentres o Goberno central non atende ás demandas do sector, a Xunta tamén está a valorar, incluso, unha posible modificación dos fondos Feder que lle corresponden a Galicia para beneficiar ás pequenas e medianas empresas do sector de compoñentes.

Outra base de apoio ao sector está na formación, engadiu, vinculada ao proceso de electrificación que atravesa esta industria. Así, desde 2021, 5.237 persoas recibiron formación en especialidades directamente relacionadas coa automoción, ás que hai que engadir os 4.192 alumnos e alumnas das 466 accións formativas impartidas grazas ao convenio de colaboración co Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia (Ceaga) desde 2022 ata a actualidade (2,3M€). Tamén no marco de convenios asinados con outros Clústeres, como o da Asociación Galega do Hidróxeno e Cluergal, impártense especialidades directamente relacionadas coa automoción das que se levan beneficiado máis de 200 persoas. E no eido académico, desde 2021, se impartiron en institutos e centros integrados de FP 69 accións formativas de especialidades relacionadas coa automoción, conducentes a certificado profesional e nas que participaron 854 alumnos das catro provincias.

Xunto con isto, lembrou que a automoción foi un dos sectores declarados, no mes de decembro de 2022, polo Consello da Xunta, como prioritarios na formación para a cualificación e recualificación da poboación activa polas necesidades de captación de persoal cualificado detectadas.

Lorenzana concluíu reivindicando que Galicia está ben posicionada para manter o seu liderado na industria da automoción nos próximos anos e seguir facendo de toda esta cadea de valor un motor económico e social.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289720 {"title":"Lorenzana avanza que o vindeiro luns presentarase o Plan director da automoción na Mesa do Diálogo Social","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289720"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289720-lorenzana-avanza-vindeiro-luns-presentarase-plan-director-da-automocion-na-mesa-do-dialogo-social https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.