A Xunta anima ao tecido empresarial galego a seguir apostando pola innovación e internacionalización para "adaptarse ás exixencias dos novos tempos"

Imagen del artículo A Xunta anima ao tecido empresarial galego a seguir apostando pola innovación e internacionalización para adaptarse ás exixencias dos novos tempos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, asistiu á entrega do premio Peme do ano 2024 onde salientou a importancia de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas e a súa capacidade para promover o desenvolvemento empresarial en Galicia
  • Animou ás pemes a traballar na procura de novos mercados e lembrou que nestes momentos está aberta a liña para a contratación de xestores de internacionalización, o programa de bolseiros ou o plan de misión comerciais Foexga
  • Destacou a posta en marcha, este ano, da Oficina Económica de Galicia, unha canle única para a entrada das empresas á administración, facilitando información, asesoramento e acompañamento

A Coruña, 26 de xuño de 2024

A directora do Igape, Covadonga Toca, asistiu esta mañá na Coruña á entrega do premio Peme do ano 2024, un acto no que animou ao tecido empresarial galego a seguir apostando pola innovación e a internacionalización na procura de "adaptarse ás exixencias dos novos tempos e aos retos asociados co contexto que nos toca vivir".

"Xa sexa en termos de internacionalización, de innovación e transformación dixital, de formación e emprego, ou de sustentabilidade, hai un tema común que vos une a todos, un eixo transversal que define e orienta a vosa actuación: a vontade por mellorar e crecer", salientou Toca Carús, quen puxo en valor o papel fundamental que xogan as pemes, que representan máis do 99% do tecido empresarial.

Neste sentido, a directora do Igape salientou a importancia de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas e a súa capacidade para promover o desenvolvemento empresarial en Galicia. Un traballo, resaltou, no que contan co apoio da Xunta na aposta pola "innovación e as novas tecnoloxías, pola dobre  transformación dixital e sostible, pola internacionalización e, como non, polo talento".

"O noso traballo pasa por acompañarvos no voso camiñar diario", proseguiu a directora do Igape, quen resaltou os programas que promove o Instituto para facilitar a internacionalización e a innovación das pemes.

Así, no primeiro eido, Toca Carús lembrou que nestes momentos está aberta a liña para a contratación de xestores de internacionalización, o programa de bolseiros ou o plan de misión comerciais Foexga. Estes programas, salientou, teñen contribuído aos rexistros históricos que están a acadar as exportacións galegas, que o ano pasado superaron por primeira vez a barreira dos 30.000 millóns.

Así mesmo, Toca Carus referiuse tamén á posta en marcha, este ano, da Oficina Económica de Galicia, unha canle única para a entrada das empresas á administración, facilitando información, asesoramento e acompañamento.

"As pemes galegas sodes un exemplo de como a dedicación e o esforzo poden transformar unha rexión, impulsando non só a economía local, senón tamén mellorando a calidade de vida de todos os seus habitantes. Estou convencida de que a través dun maior esforzo en innovación, competitividade e internacionalización, e cos apoios necesarios, lograredes chegar onde vos propoñades", concluíu.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289719 {"title":"A Xunta anima ao tecido empresarial galego a seguir apostando pola innovación e internacionalización para \"adaptarse ás exixencias dos novos tempos\"","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99852-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289719"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289719-xunta-anima-ao-tecido-empresarial-galego-seguir-apostando-pola-innovacion-e-internacionalizacion-adaptarse-as-exixencias-dos-novos-tempos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.