A Xunta traballa na compra de varios lotes de fincas nas Fragas do Eume que suman preto de 120 hectáreas

Imagen del artículo A Xunta traballa na compra de varios lotes de fincas nas Fragas do Eume que suman preto de 120 hectáreas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Executivo autonómico xa adquiriu ou ten en avanzado estado de tramitación parcelas que suman preto de 60 hectáreas, ás que se engaden outras 60 hectáreas das que se está cos traballos previos
  • Ángeles Vázquez salienta que o obxectivo é protexer este parque natural realizando actuacións para a recuperación e conservación ecolóxica da súa contorna coa eliminación de especies alóctonas e a aposta polas masas de frondosas autóctonas
  • A responsable autonómica subliña que o Goberno galego aspira a incrementar a superficie de titularidade pública, para o que está a analizar unha carteira de 400 terreos que suman 200 hectáreas para avaliar a súa adquisición

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta traballa na adquisición de varios lotes de fincas no Parque Natural das Fragas do Eume que suman preto de 120 hectáreas.

A responsable autonómica respondeu unha pregunta parlamentaria na que detallou que o Executivo galego ten localizadas unhas 400 parcelas neste espazo protexido -que suman unhas 200 hectáreas- para avaliar a súa compra. De feito, nestes momentos a Xunta xa mercou ou ten en avanzado estado de tramitación fincas que suman case 60 hectáreas, ás que se engaden outras 60 hectáreas nas que se está cos traballos previos.

Nesta liña, a titular de Medio Ambiente e Cambio Climático incidiu en que a Xunta conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros para a adquisición de parcelas neste espazo e ten asignados 8,5 millóns de euros para os 10 anos de vixencia do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do parque natural. 

O obxectivo, destacou, é protexer este parque natural emblemático de Galicia realizando actuacións para a recuperación e conservación ecolóxica da súa contorna. Neste sentido, o proxecto inclúe a restauración das parcelas que pasan a ser propiedade da Administración autonómica eliminando especies alóctonas deses terreos e apostando pola continuidade das masas de frondosas autóctonas existentes.

Ángeles Vázquez indicou que a Xunta busca incrementar a superficie de titularidade pública especialmente naquelas zonas que impliquen unha maior continuidade do ecosistema de fraga atlántica coa finalidade de impulsar a protección e restauración das zonas de máximo interese desde o punto de vista ecolóxico.

"O obxectivo final é seguir conservando as Fragas do Eume como o que son, un auténtico tesouro natural único no mundo", concluíu a conselleira, que agradeceu o intenso labor que están a facer os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural na selección das parcelas a adquirir pola Administración galega. Trátase dun traballo en profundidade pois implica revisar detalladamente sobre o terreo centos de fincas así como analizar os documentos acreditativos da súa propiedade e a congruencia coas fichas catastrais.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289716 {"title":"A Xunta traballa na compra de varios lotes de fincas nas Fragas do Eume que suman preto de 120 hectáreas","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289716"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289716-xunta-traballa-na-compra-varios-lotes-fincas-nas-fragas-do-eume-suman-preto-120-hectareas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.