Rueda ratifica o compromiso da Xunta coa atención á discapacidade e agradece o traballo das entidades sociais

Imagen del artículo Rueda ratifica o compromiso da Xunta coa atención á discapacidade e agradece o traballo das entidades sociais

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destaca a entrada en vigor este ano do concerto social, ao cal a Xunta destina máis de 100 M€ anuais
  • Nos primeiros 100 días de goberno xa se impulsaron 166 novas prazas públicas de atención á discapacidade e esta mesma semana o Consello da Xunta deu o visto bo ao aumento na orde de axudas para crear máis unidades de atención temperá

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu hoxe o traballo levado a cabo por todas as entidades sociais e ratificou o compromiso do Goberno galego coa atención á discapacidade, poñendo como exemplo a entrada en vigor este ano do concerto social. Rueda apuntou que esta iniciativa permite saber "que vai haber unha serie de prazas para atender a discapacidade garantidas pola Xunta de Galicia" e "que ese número vai seguir crecendo".

Tras manter unha reunión cos representantes galegos do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), na que tamén estivo presente a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, o máximo responsable do Goberno galego sinalou que "son importantes os recursos que a Xunta dedica á discapacidade pero somos perfectamente conscientes de que teñen que seguir medrando e de que nunca van ser dabondo".

O concerto social, ao cal a Xunta destina máis de 100 M€ anuais, supón, entre outras vantaxes, incrementar o importe por cada praza; que as persoas con discapacidade non teñan que desprazarse longas distancias para acceder a unha praza pública; ou dar tranquilidade e continuidade aos recursos que ofrecen as entidades e que son tan necesarios para as familias. 

Galicia cumpre

O titular do Goberno galego manifestoulles o desexo de seguir traballando en conxunto para mellorar a atención e asegurou o apoio da Xunta para achegar os coidados a onde se precisan. A este respecto, nos primeiros 100 días de goberno xa se impulsaron 166 novas prazas públicas de atención á discapacidade e esta mesma semana o Consello da Xunta deu o visto bo ao aumento na orde de axudas para crear máis unidades de atención temperá.

A erradicación de barreiras, o ofrecemento de alternativas de deporte adaptado, os coidados no fogar ou a consolidación do sistema educativo como o máis inclusivo de España son outros dos aspectos nos que está a traballar a Administración autonómica.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289710 {"title":"Rueda ratifica o compromiso da Xunta coa atención á discapacidade e agradece o traballo das entidades sociais","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/98834-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289710"} galicia C. de Política Social e Igualdade; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289710-rueda-ratifica-compromiso-da-xunta-coa-atencion-discapacidade-e-agradece-traballo-das-entidades-sociais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.