Medio Rural favorece a adquisición de maquinaria en común con máis de 4 millóns de euros

Imagen del artículo Medio Rural favorece a adquisición de maquinaria en común con máis de 4 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A titular da Consellería explicou que os principais obxectivos destas achegas son promover o uso da maquinaria en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego, así como mellorar en seguridade e aforro enerxético
  • Puxo en valor a traxectoria de case 40 anos desta cooperativa e a súa decidida aposta pola xestión eficiente dos recursos e pola innovación

Rodeiro (Pontevedra), 26 de xuño de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, lembrou hoxe que o prazo de solicitude das axudas da Xunta para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en común estará aberto ata o vindeiro día 19 de xullo. Foi durante unha visita á cooperativa O Rodo, en Rodeiro (Pontevedra), que foi beneficiaria destas subvencións noutras convocatorias e na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, así como polo director territorial da Consellería na provincia, Antonio Crespo.

 

A titular de Medio Rural explicou que a convocatoria destas achegas publicouse recentemente no Diario Oficial de Galicia, concretamente o pasado día 19 deste mes de xuño, e que están dotadas con máis de 4 millóns de euros. Os seus obxectivos fundamentais son promover o uso da maquinaria en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego. Tamén se persegue con elas racionalizar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e promover o aforro enerxético, na procura dunha mellora de calidade de vida no medio rural.

 

Estas subvencións van dirixidas a cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT), que poderán financiar todo tipo de maquinaria de uso común, sempre que supoñan unha redución de custos de produción ou incrementen a súa produtividade. Tamén se consideran financiables os estudos técnico-económicos de viabilidade da operación. Ademais, estas axudas compleméntanse, tal e como destacou a conselleira, coas destinadas ás instalacións e equipamentos en común, tamén dirixidas a cooperativas como esta de O Rodo.

 

Cooperativa O Rodo

Nesta visita, a conselleira puxo en valor a traxectoria de case 40 anos da cooperativa O Rodo, referente na comarca de Deza, así como a súa decidida aposta pola xestión eficiente dos recursos e pola innovación. Así, quixo recoñecer o labor dos gandeiros asociados na prestación de servizos de todo tipo, como o de tenda agraria, de substitución nas explotacións, de calidade do leite, de reprodución e, máis especificamente, de dotación de maquinaria.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289125 {"title":"Medio Rural favorece a adquisición de maquinaria en común con máis de 4 millóns de euros","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99188-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289125"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289125-medio-rural-favorece-adquisicion-maquinaria-comun-mais-4-millons-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.