Román Rodríguez anuncia novas ferramentas no sistema educativo para seguir avanzando na igualdade das persoas LGTBI

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os centros contarán cun instrumento de mellora da convivencia tamén para as persoas LGTBI e actualizarase o Protocolo de atención á diversidade de identidade de xénero
  • O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP dá conta no Parlamento do traballo da Xunta de Galicia a prol da igualdade e a convivencia nas aulas

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

Todos os centros educativos contarán o vindeiro curso con novas ferramentas para seguir mellorando a convivencia nos centros a prol da igualdade e para protexer os dereitos das persoas LGTBI. Así o anunciou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, hoxe no Parlamento galego. "Levamos anos abordando a non discriminación e a igualdade por razón de orientación sexual ou identidade de xénero, e seguimos traballando para avanzar nesta materia", asegurou.

A Xunta de Galicia porá en marcha no curso 2024/25 unha ferramenta para a detección concreta de casos de acoso ou ciberacoso, que inclúe especificamente as persoas LGTBI, o que permitirá "coñecer a situación en cada centro e realizar unha avaliación máis próxima ao alumnado", sinalou Román Rodríguez.

 

Así mesmo, o Goberno galego actualizará o Protocolo de atención educativa á diversidade de identidade de xénero, co que se busca dar seguridade a moitas persoas e garantir a súa plena inclusión dentro das aulas. "Estará centrado en principios reitores como a seguridade e o interese superior de todos os menores, establecendo o centro educativo como un espazo seguro", engadiu o titular da Consellería de Educación.

 

Prevención, detección e intervención

"Somos conscientes da importancia de actuar desde as escolas", remarcou Román Rodríguez durante a súa intervención no Pleno, referíndose ao traballo de Educación en materia de prevención, detección e intervención.

 

Existen ferramentas de detección que permiten coñecer o clima de convivencia no sistema educativo, como é o caso das enquisas, e son fundamentais para que a partir deles cada centro implemente medidas concretas. De feito, "no último informe de convivencia", dixo o conselleiro, "constatase que case o 90 % do sistema considera que os conflitos nas aulas son pouco frecuentes". Tamén alumnado, familias e profesorado observan que existe receptividade diante da diversidade nas aulas, con cifras por riba do 80 %.

 

A través da Estratexia Galega de Convivencia 2025 a Consellería de Educación pon á disposición do conxunto do sistema educativo todos os instrumentos necesarios para garantir a igualdade nas aulas. Entre os proxectos máis destacados atópase o Plan contra o acoso e o ciberacoso, mentres que outros dos programas centrados na igualdade das persoas que se desenvolven nas aulas galegas son os Contratos Programa, onde máis de 300 centros desenvolven accións a prol da coeduación; o Plan Proxecta+, no que participan máis de 150 centros con numerosas iniciativas, ou os programas Que non te líen ti elixes, Cinema con perspectiva e Edureferentes.

 

Ademais, a Consellería de Educación vai lanzar un Plan de coeducación para crear espazos sen estereotipos que favorezan a liberdade do alumnado. E para completar toda a batería de medidas coas que se traballa, tamén se pon o foco na formación do profesorado e na información ás familias.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289124 {"title":"Román Rodríguez anuncia novas ferramentas no sistema educativo para seguir avanzando na igualdade das persoas LGTBI","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150828\/1.jpg","id":"289124"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289124-roman-rodriguez-anuncia-novas-ferramentas-sistema-educativo-seguir-avanzando-na-igualdade-das-persoas-lgtbi https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.