A Xunta valora o papel dos grupos de desenvolvemento rural e demostra o apoio a estas entidades cun incremento dos seus fondos en preto de 4 M€ este ano

Imagen del artículo A Xunta valora o papel dos grupos de desenvolvemento rural e demostra o apoio a estas entidades cun incremento dos seus fondos en preto de 4 M€ este ano

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Así o reafirmou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, na presentación da ferramenta web aldeasvivas.gal, promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias e o GDR Montes e Vales Orientais
  • Subliñou, neste sentido, que precisamente hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia a ampliación en case 4 millóns de euros do crédito destinado pola Consellería do Medio Rural a estas entidades para a anualidade 2024

Lugo, 26 de xuño de 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou esta mañá na presentación da ferramenta web www.aldeasvivas.gal, promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais.

Neste acto, a responsable da devandita axencia, dependente da Consellería do Medio Rural, puxo en valor o labor dos grupos de desenvolvemento rural (GDR) como entidades dinamizadoras dos territorios e o seu papel como prospectores e captadores de recursos para o seu desenvolvemento socioeconómico. Ademais, destacou tamén as sinerxías entre os GDR e as administracións públicas -no caso concreto deste proxecto, a administración local, a través da Fegamp- a prol do desenvolvemento rural.

Nesta liña, Paz Rodríguez reafirmou o apoio da Xunta ao traballo dos GDR e subliñou, neste sentido, que precisamente hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia a ampliación en preto de 4 millóns de euros do crédito destinado pola Consellería do Medio Rural a estas entidades para a anualidade 2024, co fin de impulsar ese labor no territorio. Trasladou ademais que, desta forma, increméntase a achega total para estes grupos ata superar os 19,2 millóns de euros, na convocatoria Leader 2023/2024.

Proxecto Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente

A ferramenta web www.aldeasvivas.gal enmárcase no proxecto Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente, concibido para contribuír a xerar un ecosistema de oportunidades de innovación para a transformación das aldeas en espazos para a vida, o emprego e a autonomía. Trátase dunha iniciativa financiada pola Secretaría General para el Reto Demográfico-Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

O proxecto contempla a posta en marcha do Centro Comarcal de Innovación, Emprendemento e Participación Social, como infraestrutura básica de recursos humanos para o desenvolvemento intelixente do territorio, un proxecto piloto de vídeo asistencia socio-sanitaria a maiores e a promoción da dispoñibilidade de vivenda de alugueiro para permitir a permanencia dos mozos e o asentamento de novos poboadores, mediante un plan específico de retención, captación e integración de poboación no territorio.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289117 {"title":"A Xunta valora o papel dos grupos de desenvolvemento rural e demostra o apoio a estas entidades cun incremento dos seus fondos en preto de 4 M€ este ano","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99188-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289117"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289117-xunta-valora-papel-dos-grupos-desenvolvemento-rural-e-demostra-apoio-entidades-cun-incremento-dos-seus-fondos-preto-4-m-ano https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.