Finaliza con éxito a proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

Imagen del artículo Finaliza con éxito a proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A proba comezou na xornada de onte ás 9,00 horas en Belesar e repetiuse en distintas presas ata as 13,00 horas de hoxe
  • O obxectivo é que a veciñanza recoñeza o sinal acústico en caso de emerxencia

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

A Xunta rematou con éxito a proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas. O primeiro sinal activouse onte ás 9,00 horas en Belesar e foi repetíndose en distintas presas ata hoxe.

Soaron sirenas situadas por todo o territorio, adscritas ás presas de San Cosmade ou Vilasenín, Vilagudín, Portodemouros, Belesar, Peares, Brandariz, Velle, As Guístolas, San Martiño, Montefurado, Sequeiros, Santa Eulalia, San Pedro, Santo Estevo, Río Covo e Dique de Collado, Albarellos, Casoio, Castrelo, Cenza, Chandrexa, Portas, Prada, San Sebastián, Peñarrubia, Pumares, O Bao, Conchas, Salas, Baíña, Eiras, O Con, Caldas de Reis, Touro, Frieira, Ribeira, Eume, Fervenza, Santa Uxía e Cecebre. Onte tamén se activaron as sirenas de aviso adscritas ao Plan de emerxencia exterior do depósito de lodos vermellos de Alúmina en Xove.

Para a proba contouse coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Augas de Galicia, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy e Xeal, así como do persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, membros de Protección Civil dos concellos afectados, e da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

En Galicia, actualmente hai 46 plans de emerxencia de presa aprobados. Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura, e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación, como aos organismos xestores de Emerxencias. Son plans que buscan estar o mellor preparados posible para situacións que comporten riscos nestas instalacións, e deste xeito garantir a seguridade da cidadanía da contorna.

Aposta pola prevención

A Xunta subliña a importancia que teñen este tipo de exercicios na mellora da coordinación efectiva entre as administracións e as empresas, así como para garantir a seguridade na zona, e manter a poboación preparada para o caso de materializarse a situación de emerxencia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289049 {"title":"Finaliza con éxito a proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289049"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289049-finaliza-exito-proba-funcionamento-das-sirenas-aviso-poboacion-39-presas-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.