A Xunta reforza o equipamento dos GES de Mos e da Guarda con furgóns de servizos varios

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega do material
  • O equipamento forma parte da dotación coa que o Goberno galego apoia estes grupos na comunidade, no marco dos máis de 27M€ investidos en material de servizos de emerxencias municipais, tanto GES como Protección Civil

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe nunha nova entrega de equipamento a Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). Trátase de dous furgóns de servizos varios (FSV) para os GES de Mos e da Guarda, que suman un investimento de 230.000 euros. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia. Ao acto de entrega tamén acudiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera.  

Ambos os GES contarán con vehículos todoterreo 4x2, cun custe de 115.000 euros cada un deles, que serán de utilidade en primeiras saídas en intervencións, sobre todo en zonas de difícil acceso, e na extinción de pequenos incendios. Co obxectivo precisamente de atender este tipo de incidencias vai equipado con material de sinalización e emerxencias e cun kit de material de rescate en altura.  Os vehículos permitirán mellorar a eficacia das intervencións dos grupos nos concellos de Mos, Pazos de Borbén e Soutomaior, por unha banda, e nos da Guarda, Oia, O Rosal e Tomiño, por outra.

Diego Calvo lembrou o importante esforzo realizado pola Xunta nos últimos anos para dotar os efectivos dos servizos de emerxencias dos concellos galegos dos recursos necesarios co obxectivo de que poidan levar a cabo as súas actuacións en condicións de seguridade, contribuíndo ademais a unha maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.

A entrega de hoxe forma parte do reforzo de dotacións impulsado pola Xunta para apoiar o labor dos GES. Así, neste ano entregáronse tamén camións autobomba aos GES de Monterroso, Brión e Maceda, así como un furgón de servizos varios ao GES de Lobios, que xunto ao material cedido hoxe suman un custe de case 900.000 euros.

Máis de 27M€ investidos nos últimos anos

O investimento só en equipamento para servizos de emerxencias municipais da comunidade, tanto GES como Protección Civil, supera os 27 millóns de euros nos últimos anos. Ademais, segundo aclarou o conselleiro de Presidencia, o Goberno galego asume máis da metade do custo anual dos GES e dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento, pese a tratarse dunha competencia local. Tamén financia os gastos de mantemento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil a través dunha orde anual dotada de máis de 340.000 euros e que este ano beneficiou 191 entidades.

A colaboración da Xunta garante que os GES sigan prestando servizo público en materia de emerxencia, protección civil e prevención de incendios forestais. Neste sentido, os grupos teñen competencia para intervir en incendios -tanto urbanos como forestais-, para definir e manter as redes de faixas de xestión da biomasa de prevención e para levar a cabo prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, para crear descontinuidades da cuberta vexetal. Tamén fan prevención naqueles camiños e espazos públicos que poidan ao mesmo tempo servir de cortalumes.

Ademais, seguirán coa realización de actuacións de prevención da vespa velutina por seguridade da poboación, tales como o control e retirada de niños, entre outras actuacións. Continuarán intervindo en situacións de risco e emerxencia para manter a rede se estradas, mediante a súa limpeza a retirada de obxectos, especialmente no caso de accidente. Tamén poderán actuar no caso de situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra e situacións de seca, entre outros traballos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
287586 {"title":"A Xunta reforza o equipamento dos GES de Mos e da Guarda con furgóns de servizos varios","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1038216\/_MG_5784.jpg","id":"287586"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/287586-xunta-reforza-equipamento-dos-ges-mos-e-da-guarda-furgons-servizos-varios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.