Rueda eloxia as iniciativas turísticas que xeran riqueza e conseguen que Galicia siga estando de moda os doce meses do ano

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destaca o proxecto como un exemplo de turismo sustentable e de calidade
  • A falta dos últimos datos completos de maio, os establecementos turísticos galegos recibiron 1,9 millóns de viaxeiros nos cinco primeiros meses do ano

Sanxenxo (Pontevedra), 25 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, eloxiou hoxe as iniciativas turísticas que xorden en Galicia como xeradoras de riqueza e que fan que a nosa comunidade "siga sendo un sitio de moda durante os doce meses do ano".

Así o resaltou esta tarde en Sanxenxo, no acto de presentación do Proxecto Tintilán, una iniciativa levada a cabo polos emprendedores Beatriz Castro e Antonio Luaña que consiste no primeiro bus turístico que percorrerá a comarca do Salnés. Está previsto que faga un percorrido de 114 km con 28 paradas, pasando por dez municipios distintos, co obxectivo de achegar aos visitantes aos sitios máis destacados da zona. Afirmou que Sanxenxo "é o buque insignia de moitas cousas que sabemos facer moi ben".

Na súa intervención, a presidente do Executivo galego destacou este proxecto como un exemplo do tipo de turismo de calidade e sustentable que se busca para a comunidade, e que tanta importancia ten como elemento dinamizador nos concellos nos que se desenvolve. "Ofrecer alternativas novidosas, que apeteza probar, é o que nos está consolidando como un destino turístico de primeiro nivel", salientou.

Neste sentido, Rueda manifestou a alegría polo avance do turismo neste 2024, xa que, segundo os últimos datos feitos públicos polo INE, os hoteis rexistraron cifras históricas en maio e un incremento da súa rendibilidade de máis do 7 % nos cinco primeiros meses do ano. Ademais, a falta dos últimos datos do mes de maio, os establecementos turísticos recibiron 1,9 millóns de viaxeiros, que colocan a Galicia como a terceira comunidade onde máis creceu a demanda nese mes.

Por último, o mandatario galego deu os parabéns aos promotores do proxecto e animou aos visitantes nacionais e internacionais a desfrutar este verán dun turismo san e único en Galicia, pero tamén a facelo nos restantes meses do ano: "O turismo en Galicia pode seguir medrando, con sentidiño e de xeito sustentable, e pode ser unha enorme riqueza para Galicia", concluíu Rueda.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
287580 {"title":"Rueda eloxia as iniciativas turísticas que xeran riqueza e conseguen que Galicia siga estando de moda os doce meses do ano","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99831-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"287580"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/287580-rueda-eloxia-as-iniciativas-turisticas-xeran-riqueza-e-conseguen-galicia-siga-estando-moda-os-doce-meses-do-ano https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.