Xunta e concello de Laxe abordan os novos instrumentos de apoio para o desenvolvemento económico e industrial

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo hoxe un encontro co rexedor laxés, Francisco Charlín, con quen avaliou as medidas adoptadas polo Goberno galego para atraer investimentos e puxo en valor o traballo da Oficina Económica do Igape

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Laxe, Francisco Charlín, con quen abordou as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais e a entrada en funcionamento da nova Oficina Económica do Igape. 

Na xuntanza, Ardao explicoulle ao rexedor coruñés as actuacións postas en marcha polo Goberno galego para atraer novos investimentos á comunidade. Así, a directora xeral avanzoulle o Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano daquelas iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento, e os plan directores por sectores nos que a Xunta está traballando.

Margarita Ardao fixo tamén fincapé no compromiso da Xunta coa desburocratización da tramitación administrativa para atraer investimentos, tal e como está a facer o Goberno galego a través da Oficina Económica de Galicia dependente do Igape. Nos dous meses que leva en funcionamento, está atendendo arredor de 1.000 consultas ao mes e xa leva realizados máis de 150 plans individualizados de atención en toda Galicia.

E finalmente, no relativo á planificación de solo, Margarita Ardao explicou que, da man da Lei de Recursos Naturais que hoxe se presentou no Parlamento, o Goberno galego busca que vaia vinculada á planificación enerxética para poder abaratar a enerxía das empresas galegas e dos consumidores.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286954 {"title":"Xunta e concello de Laxe abordan os novos instrumentos de apoio para o desenvolvemento económico e industrial","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1038216\/Campa%C3%B1aDiasAzuis.jpg","id":"286954"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/286954-xunta-e-concello-laxe-abordan-os-novos-instrumentos-apoio-desenvolvemento-economico-e-industrial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.