Xosé Merelles pon en valor o papel do Festival Espírito Ribeiro para diversificar o turismo en verán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director de Turismo de Galicia presenta o evento xunto o delegado da Xunta en Ourense que se celebrará en Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño co apoio da Xunta

Ourense, 25 de xuño de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, referiuse esta mañá ao Festival Espírito Ribeiro coma unha proposta que mestura música, enoturismo e patrimonio, e unha "fórmula de éxito para contribuír á diversificación do turismo durante este verán", obxectivo primordial da Xunta de Galicia.

Neste sentido, Xosé Merelles destacou a aposta que está a realizar o Goberno autonómico polo enoturismo e a enogastronomía e que se constata en iniciativas como o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística Enogastronomía de Galicia deseñado pola Xunta de Galicia con fondos europeos Next Generation que inclúe estratexias en destino como a do Ribeiro-O Carballiño cun investimento global de 1,5M€, executarase nos tres concellos que acollen o Festival Espírito Ribeiro.

O director de Turismo de Galicia fixo estas declaracións na presentación do Festival Espírito Ribeiro que se desenvolve en Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño os días 28, 29 e 30 de xuño co apoio de Turismo de Galicia. No acto lembrou a boa resposta que teñen en Galicia as actividades vinculadas co enoturismo e subliñou que o Festival Espírito Ribeiro "reúne moitos elementos cos que traballamos no noso modelo turístico, entre elas, que contribúe, tamén, a dinamizar o noso rural".

O Festival Espírito Ribeiro chega á súa cuarta edición combinando música, gastronomía e viticultura aderezada por unha selección de expositores de Artesanía de Galicia nos tres concellos ourensáns. Nesta ocasión, o artista Pancho Varona será o embaixador deste evento e encargarase de poñer as notas musicais a unha cita da que se agarda un gran éxito de participación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286922 {"title":"Xosé Merelles pon en valor o papel do Festival Espírito Ribeiro para diversificar o turismo en verán","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150825\/20240625+NPEspirituRibeiro.JPG","id":"286922"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/286922-xose-merelles-pon-valor-papel-do-festival-espirito-ribeiro-diversificar-turismo-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.