A Xunta destina máis de 300.000 euros ás axudas para o control da calidade de produtos agroalimentarios

  • A Consellería do Medio Rural vén de publicar a resolución destas achegas, que benefician os consellos reguladores das Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) e das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP), así como ao da produción ecolóxica de Galicia
  • As axudas convocadas promoven programas e actuacións relacionados coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe da produción agroalimentaria galega

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

A Consellería do Medio Rural vén de publicar a resolución pola cal se dan a coñecer as axudas concedidas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias, dotadas cun total de máis de 300.000 euros.

Os beneficiarios son o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), así como as denominacións de orixe vitivinícolas: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras; as denominacións de orixe protexidas: Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Queixo Tetilla e San Simón da Costa; os das indicacións xeográficas protexidas: Castaña de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea, Pataca de Galicia e das de Carne de Vacún de Galicia; e o Consello Regulador da indicacións xeográficas das Aguardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

A finalidade destas axudas é apoiar as actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos. Estas achegas favorecen o elevado nivel de rigorosidade necesario nas tarefas de seguimento das denominacións de calidade.

Nesta liña, foron subvencionadas actuacións encamiñadas ao dito control e a estudos, investigacións e o desenvolvemento de plans para a mellora da calidade dos produtos obxecto de protección ou os gastos relacionados coa acreditación do consello regulador como entidade certificadora e para o seu mantemento.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240625/AnuncioG0528-180624-0001_gl.html

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286848 {"title":"A Xunta destina máis de 300.000 euros ás axudas para o control da calidade de produtos agroalimentarios","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"286848"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/286848-xunta-destina-mais-300-000-euros-as-axudas-control-da-calidade-produtos-agroalimentarios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.