A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia

  • Fanse co obxectivo de garantir a operatividade e non afectan á actividade diaria da veciñanza, pero nalgunhas zonas serán audibles 

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

A Xunta comeza hoxe coas probas de activación das sirenas de aviso á poboación adscritas ás presas con Plan de Emerxencia. Trátase de probas que non afectan á actividade diaria dos veciños, pero que nalgunhas zonas serán audibles. Con esta revisión preténdese garantir a súa operatividade e que a poboación das zonas augas abaixo recoñeza o son de aviso de evacuación. Na xornada de hoxe actívanse as sirenas de 24 das 39 presas previstas, así como as adscritas ao depósito de lodos vermellos en Xove. Mañá continuarase coas 15 restantes.

O exercicio estase a levar a cabo coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.

En Galicia actualmente hai 46 plans de emerxencia de presa aprobados. Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura, e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación como aos organismos xestores de emerxencias. Así, búscase estar o mellor preparados posible para situacións que comporten riscos nestas instalacións e, deste xeito, garantir a seguridade da cidadanía da contorna.

 Aposta pola prevención

A Xunta subliña a importancia que teñen este tipo de exercicios na mellora da coordinación efectiva entre as administracións e as empresas, así como para garantir a seguridade na zona e manter á poboación preparada para o caso de materializarse a situación de emerxencia.

 *Xúntase cronograma das probas de mañá, mércores 26 de xuño.

NATURGY

DATA

HORA INICIO

PRESA

CONCELLOS 1/2 HORA

26/06/2024

9:00

VILAGUDÍN

Tordoia

26/06/2024

9:30

SAN COSMADE OU VILASENÍN

Cerceda, Ordes

26/06/2024

11:00

PORTODEMOUROS

Vila de Cruces, Arzúa

26/06/2024

11:30

BRANDARIZ

Touro, Vila de Cruces

26/06/2024

9:00

SALAS

Muíños, Lobios

26/06/2024

9:30

AS CONCHAS

Muíños, Lobios, Entrimo

26/06/2024

13:00

VELLE

Ourense

 

ENDESA

DATA

HORA INICIO

PRESA

CONCELLOS ½ hora

26/06/24

10:30

RIBEIRA

As Pontes de García Rodríguez

26/06/24

11:00

EUME

Pontedeume, Ares, Cabanas, Fene

 

XEAL

DATA

HORA INICIO

PEP

CONCELLOS ½ hora

26/06/2024

10:00

FERVENZA

Dumbría, Mazaricos

26/06/2024

11:40

SANTA UXIA

Carnota, Dumbría, Mazaricos

 

EMALCSA

DATA

HORA INICIO

PEP

CONCELLOS ½ hora

26/06/24

10:00

CECEBRE

Cambre, Culleredo

 

PHG

DATA

HORA INICIO

PEP

CONCELLOS ½ hora

26/06/24

10:00

TOURO

Vila de Cruces, Touro, Silleda

 

AUGAS DE GALICIA

DATA

HORA INICIO

PEP

CONCELLOS ½ hora

26/06/2024

10:30

BAÍÑA

Baiona

26/06/2024

11:30

EIRAS

Soutomaior, Ponte Caldelas, Pontevedra

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286769 {"title":"A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"286769"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/286769-xunta-realiza-primeira-xornada-probas-sirenas-aviso-poboacion-das-presas-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.