A Xunta consolida a gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas para o 100% do alumnado no próximo curso

Imagen del artículo A Xunta consolida a gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas para o 100% do alumnado no próximo curso

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Rueda adianta que por primeira vez estes centros aplicarán, xa no 2025 e de cara ao curso 2025/26, os mesmos criterios de preferencia no acceso

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Executivo autonómico investirá 45,7 millóns de euros de fondos propios para consolidar a gratuidade da atención educativa en escolas infantís de iniciativa social e privadas para o 100% do alumnado de 0 a 3 anos no vindeiro curso 2024/25, unha medida na que Galicia é "pioneira" e que é "practicamente única a día de hoxe entre todas as comunidades autónomas".

Tal e como salientou Rueda, entre estes centros e os de titularidade pública, tanto os propios da Xunta coma os que dependen dos concellos, porase á disposición das familias preto de 32.000 prazas de balde, polo que, un curso máis, todos os nenos e nenas que acudan a estas escolas terán cuberta a atención educativa "en todas as escolas infantís de Galicia sexa cal sexa a renda da familia e sexan cales sexan as características da escola".

Con esta medida, Galicia aspira a reforzar a súa posición de liderado que xa ten na escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil en España cunha taxa do 56,4%, dez puntos por riba da media. A nosa comunidade foi pioneira na implantación da gratuidade, un proceso que iniciou no curso 2019/20 para as familias con dous ou máis fillos e que no curso 2022/23 se ampliou ao 100% do alumnado.

Segundo salientou o presidente da Xunta, esta nova orde de axudas ten como novidade que "por primeira vez todas as escolas de iniciativa social e privadas aplicarán os mesmos criterios de preferencia no acceso", dando prioridade ás familias con irmáns na escola, a fillos de traballadores do centro e a familias nas que traballan os dous proxenitores ou o proxenitor no caso de familias monoparentais. Isto aplicarase xa en 2025, para o acceso ao curso 2025/26.

Anticipos das axudas

Ademais, mantense o aboamento de tres anticipos ás escolas para axudas no mantemento da gratuidade. O primeiro deles será do 100% da cantidade correspondente ao período de setembro a decembro de 2024, para que os centros dispoñan da liquidez ao inicio do curso. O segundo anticipo será do 45% do importe da achega e efectuarase a comezos de 2025 para o período de xaneiro a marzo e o terceiro, da mesma contía, para os meses de abril a xullo. O 10% restante aboarase ao remate do curso.

A convocatoria sairá proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG) e abrirase o día seguinte ao da súa publicación un mes de prazo para que os centros se acollan a esta medida. As escolas que obteñan o permiso de inicio de actividades con posterioridade á publicación terán de prazo ata o vindeiro 30 de novembro.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
284854 {"title":"A Xunta consolida a gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas para o 100% do alumnado no próximo curso","published_date":"2024-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150822\/170110+neno+01a.jpg","id":"284854"} galicia C. de Política Social e Igualdade; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-24/284854-xunta-consolida-gratuidade-nas-escolas-infantis-0-3-iniciativa-social-e-privadas-100-do-alumnado-proximo-curso https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.