A Xunta reforza as conexións de autobús entre Sanxenxo e Pontevedra durante xullo e agosto con 88 servizos adicionais á semana, dos que 58 serán directos pola AP9

  • A nova liña directa Sanxenxo-Pontevedra circulará pola AP9 e a AG41 para ofrecer tempos de viaxe reducidos e asegurar máis prazas dispoñibles en localidades intermedias
  • Os servizos que conectan Sanxenxo, Poio e Pontevedra pola estrada PO-308 engaden 30 novas frecuencias á semana nas horas de maior demanda
  • Os novos servizos directos e por estrada amplían a capacidade do autobús interurbano durante a tempada de maior atracción de visitantes de xeito adicional

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024.

A Xunta reforza as conexións de autobús entre Sanxenxo e Pontevedra durante os meses de xullo e agosto con 88 servizos adicionais á semana, dos cales 58 serán directos. Os novos servizos comezan o 1 de xullo para facilitar o desprazamento interurbano nesta área durante a tempada de maior atracción de visitantes, no marco do compromiso continuo do Goberno galego por mellorar o transporte público interurbano adaptándoo, na medida do posible, ás necesidades de mobilidade das persoas usuarias.

Para ampliar a capacidade no verán e facilitar viaxes máis cómodas, créase unha liña directa Sanxenxo-Pontevedra pola AP9 e a AG41 na que se activan, cando menos, 58 servizos á semana. Os servizos directos permiten ofrecer tempos de viaxe reducidos entre estas dúas localidades nas que se rexistra a maior demanda de transporte público, á vez que se asegura unha maior dispoñibilidade de prazas nas expedicións que circulan pola PO-308 e dan servizo ás poboacións intermedias.

Ademais, refórzanse as frecuencias dos servizos que conectan Sanxenxo, Poio e Pontevedra pola estrada PO-308 con 30 novas frecuencias á semana nas horas de maior demanda, 10 delas nunha nova liña Areas-Pontevedra que se manterá todo o ano.

Co conxunto das melloras aprobadas, adicionais ao incremento habitual da oferta de servizos nesta área durante o verán, os usuarios disporán de luns a venres laborables de oito novos servizos directos ao día e catro máis por estrada, mentres nas fins de semana e festivos se engadirán nove servizos directos ao día e outros cinco por estrada.

Horarios

En sentido Sanxenxo-Pontevedra, os servizos directos sairán ás 13,50, ás 16,15, ás 17,15 e ás 19,15 horas de luns a venres. Nas fins de semana e festivos os horarios serán ás 11,15, ás 13,15, ás 17,15 e ás 19,15.

Por outra banda, de Pontevedra a Sanxenxo as saídas serán ás 8,15, ás 18,15, ás 20,15 e ás 22,15 horas de luns a venres; e ás 12,15, ás 14,15, ás 18,15, ás 20,15 e ás 22,15 os sábados, domingos e festivos.

Os servizos por estrada sairán de Sanxenxo ás 9,35 (desde Areas) e ás 21,10 horas de luns a venres laborables; e ás 16,50 e ás 20,40 os sábados domingos e festivos. As saídas de Pontevedra serán ás 13,00 (ata Areas), ás 14,30 de luns a venres; e ás 15,10, ás 18,10 e ás 22,10 horas os sábados, domingos e festivos.

Ademais, o servizo da liña O Grove E.A.-Aeroporto Peinador que tiña saída do aeroporto ás 13,30 horas de luns a venres durante xullo e agosto, adiántase ás 13,15 horas, para asegurar unha mellor coordinación da nova configuración da oferta de servizos, ao realizar o treito Pontevedra-Poio-Sanxenxo por estrada.

Os novos servizos aprobados funcionarán de xeito adicional ao incremento establecido nos últimos anos nos servizos entre O Grove, Sanxenxo e Pontevedra principalmente durante xullo e agosto, nos que se reforza a oferta con 28 frecuencias nas fins de semana do verán para atender o aumento da demanda desta época.

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
284655 {"title":"A Xunta reforza as conexións de autobús entre Sanxenxo e Pontevedra durante xullo e agosto con 88 servizos adicionais á semana, dos que 58 serán directos pola AP9","published_date":"2024-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"284655"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-24/284655-xunta-reforza-as-conexions-autobus-sanxenxo-e-pontevedra-xullo-e-agosto-88-servizos-adicionais-semana-dos-58-seran-directos-pola-ap9 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.